Xiqui Xoque, Fiú Fiú! xa está dispoñible no iTunes e en Spotify
Dende que demos comezo á publicación de música galega, en especial a destinada para música infantil, sempre tivemos moi presente dende a Editorial Galaxia que era moi importante que as creacións dos nosos intérpretes e grupos puidese estar presente nas principais plataformas de descarga musical. Ese é o motivo que nos leva, hoxe, a anunciar […]
O proxecto Mar Maior presentouse onte en Bruxelas

Mar Maior é un proxecto da editorial Galaxia que onte foi presentado na sede do Instituto Cervantes de Bruxelas. Un proxecto moi ambicioso que, sen complexos, tenta poñer aos autores de nós, clásicos e contemporáneos, no mercado global. Títulos como a 'Historia de Galicia' de Ramón Villares, 'Cuentos para las Américas' de Emilia Pardo Bazán […]
Os amigos de Mar Maior en Bruxelas

"En tempo de crise, cómpre abrir espazos. Mar Maior é unha experiencia nova, coa que queremos lazar a cultura galega alén das nosas fronteiras. Bruxelas e Buenos Aires son as nosas primeiras referencias de proxección exterior: Europa e América". Con estas palabras, o director xeral de Editorial Galaxia, Víctor F Freixanes, presentou no Instituto Cervantes […]
Bases do XIV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

Xa podes descargarte as bases correspondentes ao XIV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. O envío de orixinais remata o vindeiro 14 de novembro e a obra gañadora, coma sempre, será publicada pola Editorial Galaxia. Podes descargar as bases completas na ligazón á dereita destas liñas.
O novo traballo de Luis Emilio Batallán xa está presente en iTunes e Spotify

Dende hai uns días, o novo traballo de Luis Emilio Batallán, o libro-disco 'Había que chegar' que publicamos dende a Editorial Galaxia, xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais de venda musical. Así pois, quen queira acceder só á música, pode facelo dende espazos como Spotify ou iTunes. Só se necesita, como é normal, ter […]
Os primeiros libros de Mar Maior nas librerías de Bruxelas

As primeiras entregas de Mar Maior xa están nas librerías. A librería Punto y Coma da capital europea, especializada en hispanismo, acolleu con especial interese a iniciatva, salientándoa no seu escaparate e na mesa de novidades. Outrosí a librería Orfeu, que dende hai anos acolle os libros galegos e portugueses.
Empezamos o blog de REO

Dende hoxe, no enderezo web http://xesusfraga.blogspot.com.es/ ou dende o blog de Galaxia, poderase seguir o blog que o autor vai manter, para profundar nos personaxes da novela, nas súas motivacións, no mundo do grafitti e, en definitiva, en todos eses elementos que teñen que ver coa trama de REO, a novela que acabamos de publicar […]
As Maimiñas en Mos

Este sábado, ás 20 horas, no Multiusos das Pozas (Petelos-Mos), As Maimiñas presentarán oficialmente, cun concerto, o seu novo traballo, publicado na colección Sonárbore da Editorial Galaxia e titulado 'Unha viaxe polo mundo'. As Maimiñas son Lucía Lago Fernández e Irene Álvarez Lago, ou o que é o mesmo, Mai e Miña. Son dúas mosenses […]