O novo traballo de Luis Emilio Batallán xa está presente en iTunes e Spotify

Categoría: Nova

Dende hai uns días, o novo traballo de Luis Emilio Batallán, o libro-disco 'Había que chegar' que publicamos dende a Editorial Galaxia, xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais de venda musical.
Así pois, quen queira acceder só á música, pode facelo dende espazos como Spotify ou iTunes. Só se necesita, como é normal, ter unha conta nestas plataformas para poder gozar da música, tamén, dende os computadores, tablets ou teléfonos intelixentes.

Compartir na redes sociais: