Aprendendo literatura con 'A Esmorga'

Categoría: Nova

"Un filme así dá un pulo importantísimo ao uso do galego entre a mocidade". A frase é dun dos docentes que acompañou o pasado mércores en Vigo aos alumnos e alumnas ao pase especial de 'A Esmorga'.
Acudiron rapazas e rapaces de cinco centros de ensino da cidade olívica, enchendo tres salas dos cines Gran Vía. Unha oportunidade de ouro xa non só de aprender máis sobre A Esmorga senón, sobre todo, de aprender sobre cine, pois tiveron o privilexio, logo do visionado da película de participar nun coloquio co director, Ignacio Vilar.
(na foto, parte do alumnado e profesorado que acudiron, con Ignacio Vilar. Foto: facebook de A Esmorga Filme)

Compartir na redes sociais: