Vigo: a man da xente xa está no fogar dos vigueses

Categoría: Nova

Nun acto para a prensa hoxe na Alcaldía de Vigo, Abel Caballero deu a coñecer o proxecto de edición de Vigo: a man da xente, un relato pouco coñecido e case inédito ata o momento que Carlos Casares publicara nunha revista universitaria e que xira en torno á súa concepción da cidade de Vigo. O volume, ilustrado por Gloria García, conta cun prólogo de Caballero: “A historia doce e salgada de Vigo”. Desta colaboración entre a Editorial Galaxia e o Concello de Vigo tiráronse 9.000 exemplares que foron distribuídos entre todos os escolares vigueses que cursan a ESO nalgún dos institutos do concello, co obxectivo dar a coñecer entre os máis novos a obra de Casares. Nesta rolda de prensa, acompañaron ao alcalde, Uxía Blanco, concelleira de Normalización Lingüística,  Gustavo Adolfo Garrido García, secretario da Fundación Carlos Casares, a ilustradora Gloria García, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.

Compartir na redes sociais: