Galaxia e TEAVi suman forzas pola inserción laboral das persoas con TEA

A Editorial Galaxia vén de sumarse ao programa de inserción laboral ‘Axúdalle a encaixar’ realizado pola Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo (TEAVi). O acordo entre ambas entidades busca asegurar o acceso das persoas con autismo ao entorno laboral, mediante a aprendizaxe e a mellora do seu rendemento, facilitándolles a realización de prácticas […]
No mes de maio a Editorial Galaxia segue a ser a preferida por vós!

O Taboleiro do libro galego volve un mes máis da man de Cicloxénese Expresiva para traemos a listaxe de libros máis vendidos de maio. Os lectores e as lectoras galegas escollen un mes máis as obras da Editorial Galaxia para gozar de historias, de poesía e dunha gran biografía como a de Rosalía de Castro. O […]
A Editorial Galaxia na SELIC de Compostela

A Editorial Galaxia terá unha presenza importante nas actividades da SELIC que comeza o venres 4 de xuño e remata o día 9. Sete días de actividades ininterrompidas que encherán a Praza da Quintana de autores e autoras coas que podes compartir as vosas lecturas. Para ver o programa completa preme aquí. Presentaremos: O enigma […]
Unha verdade amarga, a nova novela de Celia Díaz

Cando Daniel Pereria inicia os trámites para presentar unha demanda de paternidade contra Aurelio Salgado, a vida das dúas familias verase radicalmente trastornada. Pilar e Carlos, por un lado, Daniel e Silvia, polo outro, buscarán xustificación á súa conduta, que remite a amores e desencontros, débedas pendentes, culpas non purgadas e aldraxes amoreadas en moitos anos […]
Os nenos da varíola no Diario Cultural

Os nenos do varíola é a nova novela de María Solar inspirada na historia real dos 22 nenos orfos que en 1803 saíron da Coruña para levar no seu corpo a vacina da varíola a Amércia. Unha das maiores xestas médicas que parte de Galicia e esa é a parte da historia que recrea María […]
Santiago de Compostela, a cidade do milagre para Carlos Casares

Baixo o título Santiago de Compostela, a cidade do milagre, o Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia acaban de publicar un libro que reúne dous textos pouco coñecidos de Carlos Casares, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A publicación presentouse onte na Fundación Torrente Ballester. Ao acto asistiron o alcalde de Santiago […]
Primeiro capítulo de Expedición Tilovonte, de Carlos López

O escritor Carlos López lévanos con Expedición Tilovonte a unha expedición divertida, disparatada e incrible. Viaxamos da súa man a mundo onde todo é posible e acontecen as cousas máis tolas. Unha fervenza imaxinativa, a de Carlos López, que te atrapa dende o inicio, por iso queremos ofrecerche o primeiro capítulo para que te atrevas a comezar […]
A Editorial Galaxia a editora máis premiada na Gala do Libro Galego 2017

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia celebraron por segundo ano consecutivo a Gala do Libro Galego 2017. Os galardóns premian en cada categoría a obra ou o traballo literario máis destacado. A Editorial Galaxia foi a editora que máis […]