Un final alternativo para O monstro de Ille

Categoría: Nova

E por fin chegou o día! Hoxe revelamos cal é o final alternativo que Jorge Emilio Bóveda escribiu para O monstro de Ille, unha novela escura sobre un tempo escuro no que todo o sobrenatural era natural e meigas, demos, feitizos e Inquisición convivían con normalidade nun universo complexo e imprevisible. O relato de tres mulleres ás que a historia e a ignorancia van pasar por enriba, esnaquizándoas. Un crebacabezas cheo de intensidade, de violencia e de agochos misteriosos, que hoxe se resolve un chanzo máis alá.
Podes descargar o final alternativo en pdf premendo aquí.

Compartir na redes sociais: