Ramón Villares analiza a identidade galega

Hai unhas semanas Mario Regueira escribía no semanario Sermos Galiza sobre o novo ensaio de Ramón Villares, Identidade e afectos patrios, publicado por Galaxia. Na recensión, Mario Regueira destacaba: “Identidade e afectos patrios demostra unha serie de calidades infrecuentes neste tipo de coleccións e non podemos deixar de pensar que o verdadeiro tema de fondo […]
Galaxia publica a biografía de María Victoria Moreno

Recén saída do prelo, chega estes días ás mesas de novidades das librarías do país A voz insurrecta, unha biografía a cargo da crítica e profesora Montse Pena Presas publicada na colección Letras Galegas da Editorial Galaxia que intentará achegar ao gran público a figura de María Victoria Moreno. Unha iniciativa que se suma á […]
Chega ás librarías Bonus track a estrea narrativa de Rosalía Fernández Rial

A partir da vindeira semana comezará a chegar ás mesas de novidades das libraías galegas Bonus track a estrea narrativa da poeta Rosalía Fernández Rial. Ás veces precísase dar todo por perdido para que algo inesperado te sorprenda. Pero sempre hai unha posibilidade para a esperanza. Por iso cómpre esgotar as pistas establecidas se queres […]
Novidade editorial: Tres estudos para un poema da cidade de Antón Blanco

Estes días comezará a chegar ás librarías Tres estudos para un poema da cidade o novo poemario de Antón Blanco Casás. Este novo libro, Tres estudos para un poema da cidade, debería entenderse dentro dun xogo de trindades, un tríptico que encarna un feito común para as diversas figuras e, ao tempo, vela para que […]
Nace o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño

A Editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro a través do seu Equipo de Dinamización Lingüística, convocan o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño. Homenaxeando o nome do xenial dramaturgo compostelán a quen se lle adicou Día das Letras Galegas do pasado 2013, este novo premio ten como finalidade animar á escrita […]
A National Library of Ireland fala de Galaxia

No pasado número da revista da National Library of Ireland, a Editorial Galaxia e o seu presidente Antón Vidal Andión foron mencionados como recoñecemento pola exitosa tradución do Ulises de James Joyce ao galego. A novela, publicada no ano 1922, saiu do prelo nunha nova tradución para o galego no ano 2013 da man do equipo formado […]
Galaxia publicará dous libros inéditos de Neira Vilas

A Editorial Galaxia publicará durante este ano e o vindeiro, dous libros inéditos de Xosé Neira Vilas. Ambos os textos aparecerán dentro da Biblioteca de Autor que a Editorial Galaxia dedicou, xa en vída, a reunir a obra do escritor inmortal de Memorias dun neno labrego. Neste ano 2018, durante o mes de abril, publicarase De […]
Galaxia lanza o Reto Lector 2018

A Editorial Galaxia lanza hoxe a segunda edición do seu Reto Lector destinado a fomentar a lectura entre os máis novos. Despois do éxito da primeira convocatoria en marzo de 2017, na que con apenas dous meses de prazo para participar se recibiron 35 vídeos enviados por rapazas e rapaces de toda Galicia, Galaxia persiste […]