Recentemente apareceron na prensa novas lecturas de Leonardo e os fontaneiros, libro publicado a mans de Galaxia e un dos clásicos de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este 2018 no día das Letras Galegas.
No Sermos Galiza, Mario Regueira recalcaba sobre Leonardo e os fontaneiros que: “Unha das cousas máis orixinais do libro é como a autora o prepara para distintas formas de lectura, en previsión das distintas persoas ás que poida chegar e o seu xeito de ler”. E engade á súa vez: “Estamos ante a primeira figura que destaca por unha obra á que, sen negarlle a versatilidade e profundidade que sempre lle recoñecemos á literatura infantil e xuvenil, está maiormente orientada ao lectorado máis novo”, destacando a importancia deste libro para reencontrarse coa obra de María Victoria Moreno.
Podes descargar a recensión completa aquí.