Margarita Ledo recolle o Premio Otero Pedrayo 2017

Hoxe, ás 19:30h, terá lugar no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra a entrega do Premio Otero Pedrayo a Margarita Ledo. A cineasta e escritora converterase así na primeira muller en recibir o galardón nos 41 anos de historia do premio, que lle foi outorgado por unanimidade do xurado, e que actualmente convocan a Xunta […]
Coñécense as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2018

A última hora da tarde de onte dábase a coñecer a listaxe de obras finalistas da Gala do Libro Galego 2018. Organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG) o acto no que se darán a coñecer as […]
Xosé Monteagudo recolle o Premio San Clemente

A inicios do pasado novembro soubemos da boa nova de que Xosé Monteagudo fora recoñecido co Premio San Clemente na categoría en galego por Todo canto fomos, unha das novelas máis aclamadas pola crítica no 2016 e merecedora tamén do premio á mellor novela do ano na Gala do Libro Galego 2017. E onte, tivo […]
Casares: unha visión narrativa da vida

Hai unhas cantas semanas, Daniel Salgado comentaba nas páxinas do Sermos Galiza a obra de Carlos Casares A ledicia de ler, conxunto de 400 artigos recollidos por Galaxia nun só volume. Sobre este conxunto de relatos do escritor ourensán, Salgado expoñía que “os textos amosan a súa atención demorada e crítica á literatura galega. Novelistas, poetas, ensaístas, […]
Galaxia celebra a Rosalía de Castro

Hoxe, 24 de febreiro celebramos o 181º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, autora maior das nosas letras, e facémolo cun breve repaso da pegada rosaliana no catálogo de Galaxia. Dende as edicións da propia obra da autora, dúas de Cantares gallegos e unha de Follas novas, ata o clásico de Ramón Otero Pedrayo, Rosalía, no que […]
Chega ás librarías nós-dentro

Estes días chegaba ás librarías galegas nós-dentro, o novo poemario de Eduardo Estévez, un libro no que o poeta volve reflexionar sobre a trascendencia nos elementos dos cotián. Así, os itinerarios de dentro constrúense coas mudanzas da luz, as rutinas dos habitantes e as interferencias que traen os libros. Porque as lecturas producen na voz […]
Berta Dávila fala sobre A pel do mundo

Hai xa unhas semanas, no Sermos Galiza, Berta Dávila, autora de A pel do mundo, falaba sobre o seu último poemario para o público infantil publicado por Galaxia. Sobre este libro de poesía ilustrado por Alba Cid, a autora explicaba: “A única razón válida para facer case calquera cousa é por amor. Para escribir un […]
Galaxia celebra o Día da Lingua Materna

Na Editorial Galaxia sumámonos hoxe, 21 de febreiro, á celebración do Día da Lingua Materna. A UNESCO entende que o Día da Lingua Materna está destinado a celebrar e preservar a diversidade lingüística do noso planeta, asegurando vías de desenvolvemento sostible para todas as linguas. Dende Galaxia sumámonos a esta intención co orgullo que nos […]