Chega ás librarías Campus Morte

Estes días chegará ás librarías Campus Morte, o debut literario de Lito Vila Baleato, que se presentará este sábado 24 de marzo ás 12:30h na libraría Couceiro de Compostela. Campus Morte é unha trepidante novela onde non temos tempo para respirar. Iago Miranda, profesor compostelán en Alemaña, recibe unha inquedante mensaxe dun amigo da infancia que indaga a […]
Ana Romaní ingresa na Real Academia Galega

O pasado sábado o pleno da Real Academia Galega nomeou académica numeraria electa á poeta e xornalista Ana Romaní, quen lerá o seu discurso de ingreso nunha sesión extraordinaria convocada nos próximos meses. Dende a Real Academia apuntan que Ana Romaní (Noia, 1962) “é unha voz de referencia do xornalismo cultural e da poesía galega […]
Este 19 de marzo, le con papá!

O próximo luns, 19 de marzo, celebramos o día do pai, e dende Galaxia, queremos animarvos a facer da lectura un acto familiar, unha oportunidade para tecer vínculos e divertírmonos xuntos mentres aprendemos. Por iso, o día 19 animámosvos a aproveitar a oportunidade e agasallar con algún libro en galego que ler en familia. Pedirlle […]
Novidade editorial: As lembranzas perdidas no lago Antelväri

Estes días, chegaba ás librarías galegas As lembranzas perdidas no lago Antelväri, a novela xuvenil coa que Xosé Duncan se incorpora ao catálogo de Galaxia a través da colección Costa Oeste. Unha novela de misterio e fantasía que lembra a moitas das series de adolescentes que levan enganchando xeracións de mozas e mozos den os […]
Carlos Casares recibe a medalla de ouro da Provincia de Ourense

En compromiso coa memoria de Carlos Casares, a Deputación Provincial de Ourense vén de outorgarlle a título póstumo o máis importante galardón da provincia ao escritor e galeguista ourensán un ano despois dos actos do Día das Letras Galegas 2017 en homenaxe a Casares. O obxectivo, segundo o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, é […]
Chega ás librarías A fiestra dos soños

Estes días chega ás librarías un novo libro da colección Sonárbore para que os máis miúdos da casa cantes e bailen en galego. A fiestra dos soños é o novo traballo de Trotaventos con ilustracións e textos de Manuel Boquete e música de Ramón Feáns. Todas as casas teñen unha fiestra dos soños. E ti, […]
Chega ás librarías Memoria do corpo

Cinco anos despois da publicación do seu último poemario, Xesús Rábade Paredes publica na colección Dombate de Galaxia Memoria do corpo, un libro que dá conta da madurez poética dunha das voces esenciais da nosa literatura. Esta Memoria do corpo, que chega ás librarías galegas é un tempo de investigación para o autor. Dentro de […]
8 de marzo na Editorial Galaxia

Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, na Editorial Galaxia queremos destacar a labor das autoras que publicaron no noso catálogo ao longo do pasado ano e no que vai de 2018, facendo patente o noso compromiso coa igualdade de xénero e as reivindicacións feministas. Ademais, e de xeito especial, quixemos facer visibles as […]