Antón Lopo gaña o XII Premio de Narrativa Breve Repsol

A novela Extraordinario de Antón Lopo resultou hoxe gañadora da XII edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega. Así o comunicou esta mañá en rolda de prensa o portavoz do xurado, Xoan Babarro, escritor e académico correspondente da Real Academia Galega. O acto do fallo tivo lugar na refinería de Repsol na Coruña […]
Xosé Mª Álvarez Cáccamo e Ramón Villares Premios da Cultura Galega 2018

No día de hoxe déronse a coñecer na Cidade da Cultura de Galicia os Premios da Cultura Galega 2018, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Entre os premiados, destacan dous nomes de entre o catálogo da Editorial Galaxia: Xosé María Álvarez Cáccamo e Ramón Villares. Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 1950) foi […]
Senlleiras chega á súa segunda edición

Senlleiras, a novela coa que Antía Yáñez gañou o Premio Illa Nova de Narrativa 2018, acadaba hai unha semanas a súa segunda edición, con máis de mil exemplares vendidos no seu primeiro mes de vida nas mesas de novidades. O éxito de crítica e lectores da primeira novela para público adulto de Antía Yáñez é […]
Descarga a adaptación teatral de A boca do monte

Dende hoxe está dispoñible na sección “Materiais” da nosa web unha breve adaptación teatral dalgúns capítulos de A boca do monte, a exitosa novela xuvenil de Celia Díaz Núñez sobre a conquista romana de Galicia. Esta breve dramatización é ideal para dotar de vida o libro nas aulas a través da súa posta escena, ou […]
Pantallas: o novo poemario de Celia Parra

Celia Parra (Ourense, 1990) publica en 2009 o seu primeiro poemario, No berce das mareas, Premio Avelina Valladares, e despois de pasar varios anos en proxecto interdisciplinares de todo tipo, regresa agora ao formato libro con Pantallas case unha década despois. Polo camiño publicou poemas en revistas como Dorna, Luzes, Oculta Lit e en xornais como […]
Campus Morte finalista do Premio Frei Martín Sarmiento

Campus Morte, a novela de Lito Vila Baleato, é unha das obras finalistas do XV Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos. Deste xeito, o debut narrativo de Vila Baleato, que chegaba ás librarías a inicios deste 2018 e que non deixou de sumar lectores coa súa trama de crime e intriga, […]
Galaxia publica os Premios Torrente Ballester e Raíña Lupa

Nos primeiros días de outubro chegarán ás librarías dous novos títulos nas coleccións Literaria e Costa Oeste: A través do fume de Antonio Piñeiro e A filla do Minotauro de Marilar Aleixandre. Dúas obras premiadas con dous dos galardóns máis importantes do panorama literario en lingua galega convocados pola Deputación da Coruña: o Premio Torrente […]
Pelerinaxes gañadora no Festival Internacional de Cinema Paisagens de Sever do Vouga

O filme Pelerinaxes de Simone Saibene gañou o premio como Mellor Documental na segunda edición do Festival Internacional de Cinema Paisagens de Sever do Vouga (Portugal). A longametraxe Pelerinaxes, do director e produtor italo-galego Simone Saibene recibiu onte o máximo galardón na sección documental na segunda edición do Festival Internacional Paisagens de Sever do Vouga, […]