Galaxia no XIII Congreso da AEELH

A Editorial Galaxia protagonizará mañá unha das xornadas do XIII Congreso da Asociación Española de Estudos Literarios Hispanoamericanos, que terá lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. No día de mañá, ás 13:00h, na Aula 8 da Facultade, a profesora, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela, Dolores Vilavedra, estará acompañada […]

Chegan as novidades de outono!

Co arranque do novo curso, en Galaxia comezamos a preparar os que serán os títulos cos que encheremos as librarías a partir da semana que vén e durante este último treito do ano: novidades para todos os públicos e todos os gustos que non poderedes deixar de ler. Así, en Literaria é a quenda de […]

14 anos sen Manuel María, o poeta da Terra Cha

Manuel María (Outeiro de Rei, 1929 – A Coruña, 2004) poeta, narrador, dramaturgo e académico da RAG, finaba hai hoxe catorce anos deixando tras de si unha inmensa obra literaria que recobraría todo o seu esplendor o pasado 2016, cando a Academia decidiu adicarlle o Día das Letras Galegas. Con tal motivo, nese mesmo ano, […]

Cúmprense cinco anos do pasamento de Benxamín Casal

Hoxe cúmprense cinco anos do pasamento de Benxamín Casal, presidente da Editorial Galaxia ata 2013. Nado en Lugo en 1935 e finado na mesma cidade en agosto de 2013, Casal foi enxeñeiro agrónomo e economista, conselleiro de Enerxía e Industria da Xunta preautonómica entre 1978 e 1979 e deputado no Parlamento de Galicia durante a […]

Un verán de libros!

En agosto Galaxia marcha de vacacións e estaremos menos activos nas redes, pero oxalá vos acompañemos a través das vosas lecturas este verán: na praia, na piscina, no río, á sombra dunha árbore… Calquera lugar é bo para mergullarse nas páxinas dos libros! Á volta, en setembro, prometemos máis novidades, máis historias, máis aventuras, máis […]

Galaxia na Feira do Libro da Coruña

O mércores 1 de agosto arranca na Coruña a Feira do Libro que, coma todos os anos, encherá de literatura os Xardíns de Méndez Núñez durante dez días. En Galaxia, ademais agardarvos na nosa caseta con todas as novidades e un fondo amplo cos libros favoritos de lectoras e lectores, tamén organizamos algunhas actividades. E […]

Anna R. Figueiredo gaña o I Premio Viadutos de Novela

Reunido no edificio Multiusos da Xunqueira, en Redondela, o pasado luns 23 de xullo, o xurado do I Premio Viadutos de Novela decidiu declarar gañadora por unanimidade a obra Os bicos feridos que, aberta a plica, resultou ser da autoría de Anna R. Figueiredo. O xurado, composto polas escritoras Inma López Silva e Tamara Andrés, […]

Chega ás librarías Galiza no labirinto da nova política de Xoán Hermida

Estes días chegaba ás librarías Galicia no labirinto da nova política, de Xoán Hermida, un libro fundamental para entender o panorama actual da política galega. Nos últimos anos obsérvase un cambio de paradigma na política global, que, no caso do Estado español, adquiriu particularidades específicas, e onde Galicia actuou como epicentro. Neste libro titulado Galicia […]