Chega ás librarías Perfecto López. Un vimiancés na Galiza ideal

Estes días comeza a chegar ás librarías a biografía Perfecto López. Un vimiancés na Galiza ideal de Xosé María Rei Lema. Perfecto López, coñecido coma O Tato da Valiña, naceu no lugar da Toxa-Vimianzo o 12 de maio de 1904. Traballou como xornaleiro e carboeiro antes de emigrar á Arxentina, da que volveu logo de […]

Míriam Ferradáns entrevista a Xavier Alcalá

Velaquí parte da conversa que mantiveron a poeta Míriam Ferradáns e o escritor Xavier Alcalá o pasado 2 de outubro na presentación de The making of na Axencia de Lectura de Meiro. Unha delicia de entrevista: O título da súa útima novela, The Making of, xa advirte o lector de que estamos ante un proceso […]

Galaxia no Festival Kerouac

Hai uns días presentábase á prensa en Vigo a nova programación do Festival Kerouac de poesía e performance. Dentro desta nova programación, que arrincaba o pasado xoves 4 de outubro, Galaxia é un ano máis unha das entidades colaboradoras. Así, o sábado 6 de outubro ás 19:30h estaremos na Terraza do Corte Inglés de Vigo […]

Galaxia colabora co Festival Kerouac

Na tarde de onte presentábase na Terraza do Corte Inglés de Vigo a oitava edición do Festival Internacional Kerouac de Poesía e Performance que, un ano máis, encherá as rúas e os espazos da cidade de poemas e poetas e que levará a poesía a lugares insospeitados. Dentro desta nova programación, que arrinca o xoves […]

Galaxia publica unha novela inédita de Anxo Rei Ballesteros

Dezanove badaladas foi a primeira novela escrita en galego de Anxo Rei Ballesteros e chegará por primeira vez ás librarías no mes de outubro A partir do 17 de outubro, Galaxia porá nas mans de lectoras e lectores Dezanove badaladas, a primeira novela escrita en galego por Anxo Rei Ballesteros. Redactada entre 1969 e 1970, […]

Galaxia convoca o Premio Illa Nova de Narrativa 2019

Aínda celebrando o éxito da novela premiada en 2018, Senlleiras de Antía Yáñez, que non deixa de sumar lectores, a Editorial Galaxia convoca a terceira edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2019 para autores e autoras menores de 35 anos. Deste xeito, a Editorial busca estimular a creación entre os máis novos e darlles […]

O alumnado do instituto arxentino-galego Santiago Apóstolo visita a Editorial Galaxia

Hoxe recibimos nas instalacións da editorial Galaxia en Vigo a un grupo de estudantes e profesores do Instituto arxentino galego Santiago Apóstolo de Bos Aires, que se atopan estes días facendo unha visita polas catro provincias galegas prestando especial atención a lugares claves da nosa cultura e institucións. Nesta casa, estivo para recibilos o noso […]

Ana Romaní gaña o Premio Nacional de Xornalismo Cultural

Na xornada de onte soubemos que a Ana Romaní (Noia, 1962) lle fora concedido o Premio Nacional de Xornalismo Cultural que outorga o Ministerio de Cultura español. En palabras do xurado, é este un recoñecemento ás “súa longa traxectoria no xornalismo, ao seu constante traballo de promoción da cultura e da radio con formatos propios” […]