A formiga fóra do carreiro está xa nas librarías

Estes días chegaba ás librarías A formiga fóra do carreiro, a nova peza teatral para a rapazada de Raquel Castro. Publicada na colección Árbore a partir de 10 anos, e ilustrada por Ángela Álvarez Paula, A formiga fóra do carreiro ensínanos que todas e todos buscamos o noso destino. E as formigas, tamén. Ou cando […]
Premio Otero Pedrayo para Antía Cal e María Xosé Queizán

O Premio Otero Pedrayo recoñece, ex aequo, o labor a prol da cultura e a galeguidade da pedagoga Antía Cal e da escritora María Xosé Queizán. O xurado, que o concedeu por unanimidade, reuniuse o pasado xoves ao mediodía no Pazo de Mariñán. O galardón, creado en 1977 e dotado con 16.000 euros, promóveno a […]
Chega ás librarías A casa do terror

A casa do terror é o título do novo libro+cd de Xoán Curiel e A Banda do Verán. Un novo título da colección Sonárbore que achega a música en galego aos máis pequenos da casa. Dende agora en todas as librarías, A casa do terror tena porta aberta para ti! Un libro cheo de monstros […]
26 de outubro: Día do Dano Cerebral Adquirido

Hoxe, 26 de outubro celébrase o Día do Dano Cerebral Adquirido, e asociacións e usuarios aproveitan esta efeméride para visibilizar, sensibilizar e informar, pero tamén para reivindicar que se garanta a continuidade asistencial e se mellore a atención ás persoas e familias con DCA. Dende Galaxia, neste 2018, témonos sumado á causa de dous dos […]
Celebramos o Día da Biblioteca

Hoxe, 24 de outubro, é o Día da Biblioteca e en Galaxia, como non podía ser doutro xeito, celebrámolo. Celebramos ás bibliotecas como axentes dinamizadores, como creadoras de novas e novos lectores… Mais sobre todo, celebramos as bibliotecas como corazóns para os amantes dos libros!
Xa nas librarías Dezanove badaladas, unha novela inédita de Rei Ballesteros

Xa está nas librarías Dezanove badaladas, a primeira novela escrita en galego por Anxo Rei Ballesteros. Redactada entre 1969 e 1970, cando o autor tiña dezasete anos, a obra permanecera inédita ata o de agora e está suscitando grande interese nos medios e entre os lectores. En conversa con Daniel Salgado para o Sermos Galiza, […]
Galaxia colabora no concurso Contádenos o voso Día das Letras Galegas da RAG

A Real Academia Galega puxo en marcha o concurso Contádenos o voso Día das Letras dentro do proxecto web Primavera das Letras, que ofrece desde o ano 2016, co apoio da Deputación da Coruña, materiais didácticos para as escolas arredor da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Ao certame concorreron este ano un total […]
Convócase o XVIII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Naturgy, convocan o XVIII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o […]