Unha fin de semana con moita música

Mañá sábado temos dúas ofertas musicais ben suxestivas relacionadas con libro-discos editados recentemente pola nosa editorial. Así, a voz de César Morán musicará e cantará a Álvaro Cunqueiro, en Lugo, nun concerto baseado no seu libro-disco dedicado a Álvaro Cunqueiro, 'Haberá primavera': Será ás 17 horas e ofreceranos un recital poético dentro do ciclo "Maio […]

Alfonso Zulueta de Haz está de aniversario

Con todo o noso cariño. Con todo o noso agradecemento e admiración. Alfonso Zulueta de Haz (Vigo, 1924), vicepresidente de Editorial Galaxia e Presidente da Fundación Penzol está hoxe de aniversario. Son noventa primaveras. Primaveras estupendas. Cheas de vida, entregadas á causa da nosa cultura e da nosa lingua, non só dende Galaxia, pero tamén […]

'Estamos no verán!!!': cinco días para a estrea

Onte anunciamos a inminente saída dun dos libros máis esperados desta tempada de primavera, a novela-disco de Charo Pita e Xoán Curiel, ilustrado por Iván R. 'Estamos no verán!!!' e coa que inauguramos a colección 'Sonárbore + grandes'. Nun concerto que celebraremos ás 12 no Teatro Principal de Santiago, o músico Xoán Curiel e a […]

Queda unha semana para a presentación de ESTAMOS NO VERÁN!!!

O vindeiro martes será a posta de longo oficial da novela-disco do músico Xoán Curiel e a escitora Charo Pita, 'Estamos no verán!!!, un traballo literario e musical que vai chamar poderosamente a atención de pequenos e grandes. O libro, da autoría de Charo Pita, cóntanos a historia dun grupo de amigos que, co comezo […]

Presentouse PITUSA SEMIFUSA en Santiago

Onte, as instalacións da Biblioteca Ánxel Casal de Santiago quedaron pequenas para escoitar a Olga Brañas e outros colaboradores do libro-disco PITUSA SEMIFUSA, unha ferramenta nova para aprender da música e dos instrumentos, un traballo no que colaboran outros artistas e músicos galegos recoñecidos como Leandro Lamas, Anxos Pintos ou Uxía e ilustrado por Leandro […]

Sinatura de Anxos Sumai na Feira de Pontevedra

A escritora Anxos Sumai, autora da moi premiada 'A lúa da colleita' estará asinando exemplares na Feira do Libro de Pontevedra, mañá, na caseta da librería Paz. Así, todas as lectoras e lectores que queiran achegarse a partillar un intre e que lles asine calquera dos libros por ela publicados, teñen este venres unha ocasión […]

'Ulises' e Anxos Sumai, premios da AELG 2014

Onte, no Teatro Principal de Pontevedra, celebrouse a Gala anual da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para recoñecer os mellores traballos do ano anterior segundo o criterio dos socios e socias da Asociación. Dous libros de Galaxia foron merecentes dese recoñecemento. Por unha banda, a tradución galega do Ulises de James Joyce, […]

Agustín Fernández Paz, Premio Trasalba 2014

O ESCRITOR Agustín Fernández Paz será a personalidade da cultura galega homenaxeada na Festa Anual que organiza en Trasalba a Fundación Otero Pedrayo. Así o decidiu por unanimidade a xunta de goberno da institución, logo de considerar propostas que chegaron tanto dende dentro como dende fóra da fundación. O acto de entrega realizarase, como xa […]