Onte anunciamos a inminente saída dun dos libros máis esperados desta tempada de primavera, a novela-disco de Charo Pita e Xoán Curiel, ilustrado por Iván R. 'Estamos no verán!!!' e coa que inauguramos a colección 'Sonárbore + grandes'.
Nun concerto que celebraremos ás 12 no Teatro Principal de Santiago, o músico Xoán Curiel e a súa banda subirán ao escenario para interpretar as músicas que acompañan o CD que pon banda sonora á historia escrita por Charo Pita.
Un diario. Uns recordos dun verán. Unhas músicas seductoras a ritmo de rock ou funki, entre outros estilos musicais que nos van sorprender dende o primeiro tema.
En cinco días, a estrea.
E en pleno maio, estaremos no verán.