"COCIDO SINFÓNICO" xa está dispoñible no iTunes e en Spotify

Categoría: Nova

Como vimos facendo dende hai moito tempo, en plataformas de distribución de música como Spotify ou iTunes van aparecendo as músicas dos libro-discos que imos publicando na colección Sonárbore. Hai unhas semanas chegaba ás librerías de todo o país o COCIDO SINFÓNICO de Os Tres Tenedores na versión libro-disco, un mollo moi divertido de cancións protagonizadas por tres cociñeiros moi tolos e festivos.
Agora, quen queira afacerse só coa música para escoitar nos trebellos electrónicos, pode facelo dende esas plataformas que colocan o goce cultural no prisma dixital do século XXI. E aí, a lingua e música galegas tamén están.

Compartir na redes sociais: