O grupo de música infantil PIRILAMPO leva moitos anos facéndonos gozar do seu traballo musical dirixido aos máis pequenos e pequenas polos escenarios do país. Agora desembarcan na colección Sonárbore para ofrecernos LUCECÚS, un fermoso traballo cheo de cancións plagadas de ritmo e letras divertidas, na liña do bo facer que xa lles coñecemos.
O volume foi ilustrado por Federico Fernández, quen consigue recrear a felicidade que destilan as cancións nun edificio cromático que coloca, en imaxes, a luz que destilan as cancións no papel.
Este sábado, na Casa do Libro de Vigo, o grupo ofrecerá un cocerto de presentación totalemente de balde. Será un xeito feliz de gozar da fin de semana.