De Albert Camus a Camilo Gonsar

No último número da revista GRIAL, o tema central é a figura de Camus e as súas relacións con persoeiros galegos e o propio país, así como o influxo que a súa vizosa obra tivo, e segue a ter, sobre moitos escritores e escritoras. Sobre o caso concreto de Camilo Gonsar, o escritor Manuel Forcadela […]

Primeira novela de Xosé Maria Ávarez Cáccamo

Unha homenaxe literaria á nai do poeta, tomada como obxecto de ficción, mais tamén un "artefacto" literario autónomo, que turra do lector e o enguedella nunha trama intensa e intrigante. A escritora Rexina Vega e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, acompañaron ao autor na presentación da obra, na derradeira xornada de actividades […]

Manuel María, no Parnaso galego

Benvido, moi querido Manuel María, ao Parnaso galego que, desde a RAG -a Casa da Palabra, como gusta de chamar Xesús Alonso Montero- se te convoca. Entras nese grupo supremo dos nosos escritores, elixidos para seren homenaxeados no Día das Letras Galegas. Sodes os galegos, escollidos pola altura do voso espírito encarnado na lingua, que […]

Terceira edición para ESTE CAMIÑO QUE FIXEMOS XUNTOS

Hai uns días que empezou a chegar ás librerías galegas a terceira edición das memorias de Antía Cal, ESTE CAMIÑO QUE FIXEMOS XUNTOS no que evoca a súa vida e a súa dedicación ao ensino. Os seus alumnos e alumnas gardan un recordo inesquecible dela. E quen se achegue ao libro, sentirá o mesmo. A […]

Pepe Cáccamo e Xulia Rodríguez presentan en Vigo

Cando se cumpre unha semana da inauguración da cita viguesa co libro, a nosa editorial culmina a xeira de presentacións con dúas novidades ben interesantes. A primeira será o libro 'Pequenas historias para falar de sentimentos' de Xulia Fernández Rodríguez que presentaremos ás 19,45. A autora estará acompañada polas profesoras de música Victoria Pérez e […]

A Galicia de Camus

No novo número da revista GRIAL ocupa o tema central as relacións entre 'Albert Camus e Galicia'. Os traballos, coordinador por Dolores Vilavedra, abren cun interesantísimo traballo da autoría de María Lopo, doutora en Literatura Francesa pola Université Rennes 2 e que podes descargar na ligazón á dereita destas liñas.