Xa na rúa UN CONTO AO REVÉS

Hai unhas semanas comezou a chegar ás librerías de Galicia o novo libro da nosa colección Sonárbore. Referímonos ao traballo de Chuches Amil, UN CONTO AO REVÉS. O libro-disco vai acompañado dunha historia protagonizada por dous nenos que, mergullados no mundo do sono, van vivir mil aventuras nas que nada é o que parece porque […]
Martes de presentacións e homenaxes na Feira do Libro de Vigo

Este martes a Editorial Galaxia protagonizará tres actos na carpa da Feira do Libro de Vigo. Así, ás 7 da tarde presentaremos a fotobiografía de Ramón Otero Pedrayo nun acto que contará coa presenza dos autores, Patricia Arias Chachero e Afonso Vázquez-Monxardin e do Presidente da Xunta de Goberno da Fundación Otero Pedrayo, Vitor Fernández […]
MOSAICO DE VERSOS DE MARÍA DO CARME KRUCKENBERG

( Lembrando á entrañable amiga, que xa anda polos vieiros do azul) As fiestras do mar ábrense cando miras á inmensidade Un tremor incerto rómpese nos vidros da auga, do misterio que alumea o acompasado ritmo do corazón Navegar sen estrela dos ventos ata a beira sen nome, na lonxana espiral dos anceios O frío […]
O Día das Letras Galegas de 2016 estará dedicado a Manuel María

O escritor lucense Manuel María (Outeiro de Rei, 1929-A Coruña, 2004) será o autor homenaxeado no Día das Letras Galega no ano 2016, segundo anunciou a pasada fin de semana a Real Academia Galega (RAG). A Academia entende que a obra do poeta da Terra Chá, a un tempo excelsa e popular, vai ser un […]
Iria Collazo López arrasou na súa presentación en Vigo

O pasado sábado, a escritora de Barro, Iria Collazo López colleitaba o que intuímos vai ser o primeiro de moitos éxitos literarios, en Vigo, na presentación da súa primeira novela, publicada na nosa colección Costa Oeste, COMA UNHA ÁNCORA. Acomapañada do editor Francisco Castro, que explicou as claves da novela, a escritora foi desmiuzando os […]
Presentación de 'A identidade fascinada' de Antonio Piñeiro en Vigo

O escritor Antonio Piñeiro, que dende hai dúas semanas protagoniza no noso blogue un espazo arredor da súa nova novela A IDENTIDADE FASCINADA, presentará esta obra na feira do libro de Vigo o vindeiro luns ás 20.30 h. acompañado polo crítico literario Ramón Nicolás e o director de edicións de Galaxia, Carlos Lema. Con A […]
Presentación da primeira novela de Iria Collazo López en Vigo

O primeiro dos actos que a Editorial Galaxia desenvolverá na Feira do Libro de Vigo, que este ano se despraza á Rúa Progreso, detrás do MARCO, será a presentación do libro COMA UNHA ÁNCORA de Iria Collazo López, quen estará acompañada polo editor, Francisco Castro. O acto desenvolverase ás 20.30h. COMA UNHA ÁNCORA é, sobre […]
Cantiga de fonte limpa

O pasado domingo, as aproximadamente 300 persoas que quedaron ao xantar en Amoeiro acompañando a Antón Pulido no día en que recibía o Premio Trasalba que lle concedeu a Fundación Otero Pedrayo, recibían como agasallo a fotobiografía, que xa está chegando ás librerías de Galicia, CANTIGA DE FONTE LIMPA dedicada ao pintor galardoado. Na publicación […]