Sérgio Tannus no Festigal 2015

O Festigal deste ano contará cun convidado moi especial, como é Sérgio Tannus e a súa banda que porán sobre o escenario do Espazo Infantil do Festigal que, como cada ano se celebra no Campus Sur, os temas do seu libro-disco, publicado na colección Sonárbore, "Alegría!" Á dereita destas liñas deixamos o vídeo do tema […]

Terceira edición de "Instrucións para tomar café"

Sae do prelo en pouco máis dun ano a terceira edición de ‘Instrucións para tomar café’: un mollo de relatos, microrelatos e textos variados que poden servir, ademais de para pasar un tempo literariamente agradable, para coñecernos mellor a nós propios, aos galegos e galegas, todo, dende a ollada retranqueira á que Núñez Singala nos […]

Manuel Portas gana o Premio Manuel García Barros 2015

O xurado (formado por Dolores Vilavedra Fernández, Carlos González de Lema Malvar, Armando Requeixo Cuba, Juan Luis Blanco Valdés e Carlos Loureiro Rodríguez, actuando como secretario, destacou a contribución da novela á divulgación da historia e da literatura medieval galegas, por medio dun personaxe pouco coñecido, o xograr Lourenço, que constitue a porta pola que […]

Chega a edición 35 de MEMORIAS DUN NENO LABREGO ás librerías

Hai un par de semanas saía do prelo da Editorial Galaxia, dentro da Biblioteca que leva o seu nome, o libro de Xosé Neira Vilas (a quen recentemente a Xunta de Galicia vén de distinguir coa Medalla de Ouro), 'Memorias dun neno labrego', concretamente a edición número 35 en galego. Sen dúbida, e tendo en […]

Carlos Casares e Albert Camus

No último número de GRIAL dedícase o corpo central a analizar a importante influenza que, en escritores e no conxunto da cultura galega, tivo o existencialismo e sobre todo a figura de Albert Camus. Durante este mes de xullo estamos debullando a publicación deixando para a súa descarga distintos traballos que nos achegan á figura […]

Neira Vilas, Medalla de Ouro de Galicia 2015

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou o pasado martes que o Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se lles concede a Medalla de Ouro de Galicia a Xosé Neira Vilas, Manuel Sánchez Salorio, David Cal e ao xornalista Enrique Beotas, creador da Sexta Provincia. "Son catro persoas que contribuíron e contribúen […]

Cabe pensar un Sísifo feliz?

Seguimos debullando o último número de GRIAL durante este verán, adicado no seu corpo central a Camus e Galicia. Desta volta ofrecemos, para a súa descarga na ligazón á dereita destas liñas, do traballo do teólogo Andrés Torres Queiruga arredor da cuestión do mal na obra do autor de 'A peste'.

Manel Cráneo prepara a BD de A nosa cinza, de Xavier Alcalá

Con máis de 100.000 exemplares vendidos e tres xeracións de galegos e galegas conquistadas dende o seu lanzamento en 1980, A nosa cinza é unha das obras máis populares da narrativa galega contemporánea. Xavier Alcalá volve a súa ollada aos días de escola, a unha adolescencia caracterizada polas inseguridades e medos, o espertar dos sentimentos […]