Grande éxito de Rocío Leira na presentación do seu libro en Santiago

A escritora Rocío Leira presentou onte, na librería Cronopios de Santiago, a súa novela, publicada na nosa colección Árbore 10 anos, O BECHO QUE QUERÍA COMER Á AVOA. A autora estivo acompañada da tamén escritora Eli Ríos (que o ano que vén publicará novela infantil en Galaxia) e o escritor e editor Francisco Castro. A […]

Bo día Vic

Teño a estraña sensación de que Vic almorza comigo dende que hai un par de días, o presentáramos de xeito oficial na Libraría Couceiro. Aínda que é bastante alto para a súa idade, vexo como se ten que estirar para coller as galletas da alacena da cociña, e incluso mira para min pedindo con olliños […]

Homenaxe a María do Carme Kruckenberg en Vigo

Este xoves, no Centro de Recursos Feministas, celebrarase unha homenaxe á poeta María do Carme Kruckenberg no que participará a súa biógrafa e autora do libro, 'Vivir, unha aventura irrepetíbel', que publicamos na nosa editorial, Mercedes Queixas Zas. Canda ela participan no acto Carme Panero Menor e Ángeles Ruibal. María do Carme Kruckenberg deixábanos o […]

O becho que quería comer á avoa, en Compostela

A colección árbore de Galaxia presenta este novo relato de Rocío Leira Catro con ilustracións de Cristina Nogales Aranda para nenos de dez anos en diante. Nesta historia coñeceremos o mundo dunha nena e dunha avoa, que é tan bonito é tan lindo, que non hai becho que se poña por diante que poida acabar […]

José Antonio Gurriarán presenta As mulleres do monte no Barco de Valdeorras

O escritor e xornalista José Antonio Gurriarán presentará mañá mércores 21 de outubro, ás 19h30, no Edificio Multiusos do Barco de Valdeorras o libro As mulleres do monte, sobre o papel das mulleres no maquis. Acompañarano Alfredo García e Margarida Pizcueta, alcalde e concelleira de Educación e Cultura de O Barco; Aurelio Blanco Trincado, presidente […]

Últimas semanas para participar no XV edición do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

Xa están chegando os primeiros orixinais que optan ao premio de ensaio Ramón Piñeiro. As bases xa están dispoñibles para descarga deste premio que convocan a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a In vestigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia coa, co laboración de […]

Presentación da primeira novela de Sara Barreiro en Santiago

A escritora Sara Barreiro presentará a súa primeira novela VIC E BOMBONA, ilustrada por María Ruiz Castelaín, o vindeiro luns 19 ás 20 h. na libraría Couceiro de Santiago acompañada da xornalista Eva Millán e o editor Francisco Castro. A novela infantil gravita arredor de dous personaxes. Por unha banda, Bombona, a cadela máis lista […]

Fin de semana de música infantil

Sérgio Tannus e As Maimiñas protagonizan a fin de semana musical infantil dentro do programa VENRES NAS LIBRERÍAS nos que a nosa editorial ten unha presenza fundamental. Así, hoxe venres, Sérgio Tannus actuará na librería Trama en Lugo ás 17.30 horas. Os cativos poderán gozar das cancións do seu libro-disco "Alegría!" da nosa colección Sonárbore […]