Coloquio sobre o futuro político da Galiza onte en Santiago

Onte, no Espazo Enocultural Vide Vide! de Santiago, celebrouse un coloquio arredor do futuro político de Galicia centrado no libro que vimos de publicar na nosa editorial TEMPOS CHEGADOS. SOBRE O FUTURO POLÍTICO DA GALIZA. No acto participaron, XUSTO G. BERAMENDI, catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e presidente do […]

Presentación do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio en Santiago

Luis G. Soto presenta o vindeiro xoves día 29 ás 19h, na Facultade de Filosofía da USC, o libro que o fixo merecedor do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2014, Barthes Filósofo (Ed. Galaxia). Acompañarano o editor Víctor F. Freixanes, a profesora da facultade de filosofía Uxía Rivas Monrroy; Amalia Baltar e Manuel Fernández Pellicer, […]

Conmemoración do nacemento do Padre Seixas en Vigo

Homenaxe en Vigo celebrarase unha homenaxe a un sacerdote que foi dos primeiros en incorporar a liturxia en lingua galega en tempos ben difíciles. Un home, ademais, que terminará exercendo unha influenza decisiva en moitísimas persoas que tiveron ocasión de traballar e partillar a vida con el. Presentarse, co gallo do acto, o libro da […]

Beramendi, Vence e Portero presentan o ensaio Tempos chegados?

Justo Beramendi, Xavier Vence e José Antonio Portero presentarán cun debate aberto o ensaio colectivo Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza mañá mércores, día 28 de outubro, ás 20h30 no espazo enocultural compostelán Vide Vide (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10). O acto, organizado conxuntamente por Editorial Galaxia e a agrupación cultural […]

Segunda edicion para PEQUENAS HISTORIAS PARA FALAR DE EMOCIÓNS E SENTIMENTOS

Foi a grande triunfadora na pasada Feira do Libro de Vigo, cando se presentou, e está a triunfar entre o público galego dous meses despois coa aparición da segunda edicion do libro PEQUENAS HISTORIAS PARA FALAR DE EMOCIÓNS E SENTIMENTOS, de Julia Fernández Rodríguez. O libro ofrece unha serie de recursos para falar (en principio, […]

Hoxe, "Begoñísima"

Hoxe é día para lembrar a Begoña Caamaño. Os actos concentraranse en Santiago e gravitarán arredor de dous actos nos que tamén se presentarán dous libros sobre a obra desta autora feminista e activista social que entendía a literatura, tamén, como acción e cambio. Por algo ela definicía a súa obra como feminista e antipatriarcal, […]

Hoxe, centenario de don Xaime

Dende hai unhas semanas está aberta na Casa Galega da Cultura de Vigo unha exposición sobre a vida e a obra de Xaime Isla Couto. Tamén, recentemente, publicamos a fotobiografía titulada, coma a exposición, 'Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia'. Son dúas das moitas acccións que este ano homenaxearán a un dos fundadores da […]

José Antonio Gurriarán presenta "As mulleres do monte" no Barco

O de onte foi un concurrido acto no que tamén participaban, canda o autor, a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta; Xosé Manuel Soutullo en representación de Galaxia; Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto Instituto de Estudos Valdeorreses; Ricardo Gurriarán, historiador; e Santiago Macías, fundador da ARMH. Todos eles coincidían en destacar o labor […]