Quinta edición para o 'Futuro imperfecto' de Xulia Alonso

Os adolescentes galegos dos institutos e colexios de bacharelato téñena recoñecida coma unha das súas lecturas favoritas. Público adulto galego, e tamén español (a novela vén de ser publicada recentemente no selo do Grupo Galaxia, Mar Maior) corroboran esta querencia por este relato testemuñal que rezuma verdade en todas e cada unha das súas páxinas. […]
O Castelao de sempre

Castelao está nos corazóns de todas e de todos os galegos. Probablemente vai ser difícil que na historia do noso país volva darse talentos tan concentrados como os que atesourou o rianxeiro: pintor, escritor, ensaísta, etnógrafo, literato, político… unha vida dedicada ao país, en definitiva, engrandecéndoo tanto dende o punto de vista creativo como no […]
A Esmorga, a gran triunfadora do festival de Toulouse

A Esmorga volve para Galiza con novos premios ás súas costas. E é que a película de Ignacio Vilar vén de trunfar na vixésimo edición do festival de Toulouse ao facerse co premio ao mellor director, á mellor interpretación masculina –premio partillado entre Morris, Karra Elejalde e Miguel de Lira- e á mellor fotografía a […]
González Tosar na Academia Arxentina das Letras

Luis González Tosar (Buenos Aires, 1952) vén de ser nomeado membro correspondente da Academia Arxentina das Letras. A institución, que preside José Luis Moure, acordou por unanimidade incorporar ao escritor arxentino-galego á nómina de académicos como representante das letras de Galicia, salientando o seu vencello coa realidade cultural arxentina. Recentemente, en abril de 2014, foi […]
Estrea de A PRAIA DOS AFOGADOS

Será hoxe venres cando A PRAIA DOS AFOGADOS chegue aos cines de toda España. Trátase da adaptación cinematográfica da novela homónima de Domingo Villar e rodouse en Nigrán e Vigo. Na ligazón á dereita destas liñas deixamos o tráiler en galego da película.
As Maimiñas e ChuchesAmil, nos Venres nas librarías

Esta fin de semana temos novas presentacións no seo do programa Venres nas librarías. O sábado día 10 estaremos ás 12.00 na Libreria Aenea, de Santiago de Compostela, con Unha viaxe polo mundo, de As Maimiñas. E o mesmo día, ás 12.30, o protagonismo será para Un conto ao revés, de ChuchesAmil, na Libraria Suévia […]
Palabras para Xaime Illa

O 28 de xuño de 1992 recibía Xaime o Premio Trasalba. Moitos de vós estabades alí e lembraredes como ao cantárdeslle "Chámase Xaime" -que os amigos lle dedicastes coa música da Rianxeira- el respostou -cantando co xeito que tiña- coa fanfarria "A Balandra dos Ultreyas", poema de Fermín Bouza musicado polo seu amigo Aquilino Iglesias. […]
O MEU PESADELO FAVORITO entra na prestixiosa Lista White Ravens 2015

Esta fin de semana, a International Youth Library de Múnich daba a coñecer a prestixiosa Lista White Ravens que recoñece os libros de literatura infantil máis destacados do mundo. Entre eles, o libro de María Solar, O MEU PESADELO FAVORITO que publicamos a primeiros de ano, gañador do premio Lazarillo 2014 e que xa viaxou […]