FINOU ANXO REI BALLESTEROS

Dos anxos e dos mortos supuxo, ademais, a primeira novela en galego na era democrática, e a súa forza e modernidade aínda nos sorprende hoxe en día. Así e todo, a obra de Rei Ballesteros vai moito máis aló desta novela senlleira. O seu ámbito de interese foi moi amplo, como testemuñan ensaios como Tempo […]
MUSICONTOS

No marco das sesións didácticas da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia, realizarase a gravación da música que acompañará á próxima edición de O prodixio dos zapatos de cristal, adaptación en galego do conto da Cinsenta. A orquestra gravará a Abertura e varias pasaxes orquestrais de La Cenerentola, obra composta por Rossini sobre o conto […]
Quinta edición para "Made in Galiza", de Séchu Sende

Séchu Sende xa sorprendera coa súa primeira novela, Orixe que foi merecedora do Premio Blanco Amor 2003, unha novela que no seu interior contiña en realidade, unha e máis novelas. Crítica e lectores coincidiron en apreciar un texto que, a pesar da carga irónica e da trama, detectivesca e divertida, non renunciaba, e de que […]
Os fondos de Editorial Galaxia en Google

En palabras dos responsables das dúas empresas, Víctor F. Freixanes como director xeral de Editorial Galaxia e Luis Collado, responsable de Google Búsqueda de Libros, trátase de proxectar globalmente na Rede, con presencia en todo o mundo, unha parte importante da edición galega, a que a devandita editora representa. A comercialización dos libros será por […]
Dúas alegrías e un pasamento

A pesar de que Constantino García nacera en Oviedo hai 81 anos, o seu corazón era galego desde que no ano 1965 chega a Compostela. En Galicia desenvolveu un intenso labor de estudo e investigación arredor da lingua galega desde diversas frontes: na universidade como Catedrático de Románicas e como decano da Facultade de Filoloxía, […]
Comezou o Obradoiro Literario para Profesores

O obradoiro foi presentado pola Concelleira de Educación de Ourense, Ana Mª Garrido Rodríguez e por Pablo Sánchez Ferro en nome da Fundación Otero Pedrayo. A concelleira deu a benvida aos participantes aos que lembrou que as instalacións do Instituto de Artes Escénicas estaban á súa disposición como unha prolongación da Concellería de Educación. Ao […]
Premio para "120 anos de ciclismo galego"

Trátase da primeira obra dedicada á historia do velocipedismo galego, con especial referencia os tempos anteriores a Delio Rodríguez e os seus irmáns. O seu autor, Xerardo González Martín, xa tiña publicado 11 libros de historia de Vigo, un deles dedicado as orixes do automóbil na provincia de Pontevedra, que mereceu no seu día o […]
Volve Miro Casabella

O cantante valenciá Raimon e Miro Casabella ofreceron o pasado xoves un recital no Teatro Rosalía de Castro da Coruña que constituíu un verdadeiro acontecemento, co auditorio cheo de xente e arredor de dúas horas e media de actuación. Na colección Reportaxe de Editorial Galaxia, o escritor e historiador Xan Fraga propón unha viaxe pola […]