Medalla de Ouro de Galicia para a Editorial Galaxia

Case medio milleiro de persoas, representativas de distintos estamentos da sociedade galega, asistiron ao acto. O presidente da Xunta de Galicia, en representación do goberno galego, ofreceu a medalla de ouro e o correspondente diploma ao vicepresidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia, Benxamín Casal, quen en nome do presidente do Consello, Xaime Isla […]
Xesús Constela gaña o García Barros 2008

O xurado formado por Armando Requeixo Cuba, Xosé Manuel Eiré Val, Luis Alonso Girgado, Carlos Lema, e Valentín García Gómez, que actuou como Secretario, acordou, por maioría, conceder o XX Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades) á obra presentada baixo o lema Á espera do lusco fusco. En opinión do xurado, a novela […]
No pasamento de Camilo Gonsar

Camilo Gonsar era membro da Real Academia Galega desde o ano 2002. O seu nome está para sempre unido ao que se deu en coñecer como a Nova Narrativa Galega, movemento anovador das nosas letras nos que Camilo Gonsar vai protagonizar un papel sobranceiro, en especial trala publicación de novelas como Cara Times Square no […]
O idioma cara o futuro

O número inclúe unha conversa que Hakan Casares e Monteagudo mantiveron en Santiago de Compostela con Dónall Ó Riagáin, irlandés, un dos máis prestigiosos expertos en planificación lingüística, consultor independente para diversos gobernos e institucións e un dos impulsores e redactores da Carta Europea para as Lenguas Rexionais ou Minoritarias. A realidade lingüística da Galicia […]
Unha entrevista con Rei Ballesteros

Naquela conversa no número 159 de Grial, Anxo Rei Ballesteros daba mostra de todo o seu talento e de todo o seu enxeño á hora de pasar duns temas a outros con brillantez e naturalidade. Falou da súa obra e dos soños, da evolución da literatura galega e doutros moitos asuntos, sempre desde un pensamento […]
FLIS-FLI-RIS-FLÁS COMEZA A VIVIR NOS BLOGS

Así, no blog Dálle un coliño, podemos ler: "Fomos ver a representación de Flis Fli Ris Flas, do grupo Matapiollos, que se encadra dentro da campaña de animación lingüística da que xa vos falara. A obra é boísima, recoméndovola sen dubidalo. Os nenos participaron un montón interactuando en todo momento con Martiño (o protagonista) e […]
"EU TAMÉN SON FONTE" EN RIBEIRA

Despois do seu paso por Moaña, onde estivo aberta durante o mes de Outubro, as ilustracións de Leandro Lamas para o libro de Teresa Moure, Eu tamén son fonte, chegan durante o mes de Novembro ao Auditorio de Ribeira. Trátase dun conxunto de paneis en formato grande onde o espectador pode, ademais de asistir a […]
É TEMPO DE SAMAÍN

A colección "Pimpín por aquí non vin" está formada por uns fermosos libros en formato acordeón, volumes despregables nunha longa saba na que a ilustración, da autoría de Jacobo Fernández, ocupa case que todo o protagonismo. Crianzas e adultos poderán xogar coa historia tentando solucionar as preguntas que se lles propoñen no propio texto ao […]