Presentación de COMA UNHA ÁNCORA en Bueu

A escritora Iria Collazo López presentará a súa novela COMA UNHA ÁNCORA acompañada do libreiro Fernando Miranda e do editor Francisco Castro na Sala Amalia Domínguez Búa de Bueu. O acto está organizado pola Asociación Johán Carballeira e a Librería Miranda. O libro está foi o máis vendido na súa categoría no pasado mes de […]

CANDO O TAMAÑO SI IMPORTA

Eu escribo curto. Escribo curto porque a vida non é unha novela por entregas. Non podes detela ata o vindeiro capítulo. Refírome á vida real. Á vida que temos todos. Esa na que tes que madrugar para ir traballar, pasar polo súper a mercar leite, levar aos teus fillos a actividades, e mesmo acadar tempo […]

Presentación de AS MULLERES DO MONTE en Ourense

O escritor José Antonio Gurriarán presentará o seu libro AS MULLERES DO MONTE, no Foro de La Región en Ourense. O autor será presentado por Felipe Senén. Dos recordos infantís en Valdeorras e do impacto que nese intre da súa vida lle causou a "loita contra o maquis, os fuxidos" xurde o novo libro do […]

Presentación do libro "Barthes filósofo" de Luís G. Soto en Madrid

O premio Ramón Piñeiro de Ensaio2014 será presentado mañá xoves en Madrid nun acto na Casa del Lector ás 20 h. O autor estará acompañado por José Miguel Marinas, filósofo e escritor, quen desenvolerá un diálogo co autor e co público que queira participar no debate. No libro, García Soto interpreta a produción bibliográfica do […]

Xa nas librarías o novo libro de Riveiro Coello

Xa está nas librarías a última novela de Antón Riveiro Coello, Os elefantes de Sokúrov, na que autor ourensán conta a historia de Janis, quen na Compostela de 2012 se enfronta a un difícil presente, o da crise económica, ao tempo que sente a necesidade de coñecer o seu pasado, as razóns dunha existencia da […]

Presentamos o booktrailer de Os elefantes de Sokúrov

Antón Riveiro Coello presenta a súa última novela, Os elefantes de Sokúrov, hoxe mércores 11 ás 20h na libraría Couceiro de Compostela. Estará acompañado por Xesús Laíño, Xerardo AgraFoxo e Víctor F. Freixanes. Os elefantes de Sokúrov é o libro do mes na web da Editorial Galaxia. Estreamos un booktrailer realizado por Noel Queipo e, […]

Margarita Ledo presenta A cicatriz branca en Vigo

A cineasta Margarita Ledo Andión presenta o filme A cicatriz branca, que abre a nova colección Libro cinema de Editorial Galaxia cun pack de DVD con subtítulos e cun mollo de textos de José Manuel Sande e Pilar Cagiao, e unha serie de colaboracións en forma de textos escritos por xente que formou parte do […]

Presentación de O ÁLBUM DE GARRINCHA en Lugo

O vindeiro sábado ás 12.30, preséntamos a novela 'O álbum de Garrincha’ publicado pola editorial Galaxia dentro da súa colección Árbore. No acto participan a autora, Beatriz Maceda Abeleira, a ilustradora Laura Veleiro e Lois Pérez. Garrincha foi un futbolista brasileiro medio coxo, ou coxo completo, coa columna vertebral como unha interrogación. Ninguén pensou nunca […]