Manuel Portas recibe mañá venres na Estrada o Premio García Barros por Lourenço, xograr

Manuel Portas recolle mañá venres 20 ás 20h no Teatro Principal da Estrada o Premio de Novela Manuel García Barros 2015 pola súa obra Lourenço, xograr. Trátase dunha novela histórica que contribúe á divulgación da historia e da literatura medieval galegas por medio dun personaxe pouco coñecido, o xograr Lourenço, que constitúe a porta pola […]
Presentación do DVD de A Esmorga en Compostela
Mañá venres día 20 de novembro, ás 12h, a Facultade de Comunicación da USC acollerá o lanzamento do DVD da película A Esmorga, acto no que participarán o director, Ignacio Vilar; o produtor exectuvio Víctor Freixanes; e máis os actores protagonistas Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán Morris. Despois da presentación, o equipo […]
Xavier Queipo

Lectura (rápida) de "Instrucións para tomar café" Digo lectura rápida pola extensión do libro e dos textos que contén, rápida tamén porque o lin dunha vez, na viaxe de tren entre Vigo e Compostela e rápida tamén porque deixou en min, de súpeto, pegada de regosto agridoce. Agridoce non é, neste caso despectivo, nin pexorativo, […]
Presentación da nova novela de Antón Riveiro Coello en Pontevedra

Antón Riveiro Coello presentará a súa nova novela, OS ELEFANTES DE SOKÚROV acompañado de Luis Bará, Xaime Toxo e Carlos Lema. O acto está co-organizado co Ateneo de Pontevedra. Antón Riveiro Coello presenta a súa última novela na cidade do Lérez. Unha historia coral na que a cidade de Santiago ten un papel protagonista xunto […]
Acto de sinatura da doazón de fondos de María do Carme Krukenberg á Fundación Penzol

Cristina Pusone Kruckenberg vai facer doazón á Fundación Penzol de 30 carpetas con manuscritos, mecanoscritos e debuxos de súa nai, a destacada escritora e poeta galega, MARÍA DO CARME KRUCKENBERG SANJURJO. O próximo xoves, 19 deste mes de novembro, ás 12:00 horas, celebraremos no salón de actos da Casa Galega da Cultura, sede da Fundación, […]
Chega ás librarías o Lourenço, xograr de Manuel Portas

Chega ás librarías Lourenço, xograr, novela coa que Manuel Portas obtivo o Premio García Barros do ano 2015. Trátase dunha novela histórica que contribúe á divulgación da historia e da literatura medieval galegas por medio dun personaxe pouco coñecido, o xograr Lourenço, que constitúe a porta pola que nos asomamos non so aos conflitos políticos […]
Entrega do Premio Repsol na Coruña a Marcos Calveiro

O escritor Marcos Calveiro recibirá o Premio Repsol de Narrativa Breve outorgado á súa novela FONTÁN. Asistirán ao acto Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Ignacio Egea Kraul, vicepresidente Fundación Repsol, Victor F. Freixanes, director xeral Editorial Galaxia, Marcos Calveiro, gañador do Premio Narrativa Breve Repsol 2015, Loreto Silvoso, periodista da […]
Presentación de AS MULLERES DO MONTE na Coruña

José Antonio Gurriarán presentará o seu libro AS MULLERES DO MONTE mañá na Coruña acompañado de Felipe Senén e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. O libro afonda no papel das mulleres dos maquis despois da Guerra Civil e como daban refuxio ou apoiaban aos fuxidos. Moitas delas levaban, practicamente, o peso do […]