Arrancan os Domingos musicais na Fundación Luis Seoane da Coruña

Este domingo arrancan os Domingos Musicais na Fundación Luis Seoane. Durante todos os domingos do mes de novembro, grupos musicais da colección Sonárbore actuarán na Coruña. O éxito é tal, que onte houbo que pendurar o cartel de NON HAI ENTRADAS. Os Domingos Musicais son unha iniciativa organizada pola Fundación Luis Seoane e a Editorial […]

COMA UNHA ÁNCORA presentouse en Marín

Onte, a que está a ser a novela máis vendida do país na categoría Xuvenil, COMA UNHA ÁNCORA de Iria Collazo López presentouse en Marín nun acto organizado por Queremos Galego Marín e no que tamén participou o editor e escritor Francisco Castro. Como xa sucedera nas outras presentacións que se fixeron polo país dende […]

Presentación de COMA UNHA ÁNCORA en Marín

A autora Iria Collazo López presentará a súa novela COMA UNHA ÁNCORA acompañada por Pedro Cortegoso de Queremos Galego Marín e do editor e escritor Francisco Castro. A novela de debut de Iria Collazo López está a ter unha magnífica acollida en todo o país. De feito foi o libro máis vendido na categoría xuvenil […]

A FIN DA TERRA, de María Rosa Lojo, premiada en Tailandia

A novela de María Rosa Lojo, A FIN DA TERRA, que publicamos no ano 2003, e que coñece tamén edición en castelán, foi traducida recentemente en Tailanda. A semana pasada soubemos que acaba de recibir o premio á Mellor Tradución Literaria do ano 2015. A traductora, Pasuree Luesakul, é unha xoven académica, actualmente directora do […]

Fútbol para entender o mundo

Mañá mércores, día 28, o presidente do Celta de Vigo, Carlos Mouriño; o vicepresidente, Ramón Barros; e o exfutbolista Giovanella acompañarán á escritora Beatriz Maceda Abeleira na presentación da novela infantil O álbum de Garrincha. A cita é ás 20h, na Casa do Libro, e na presentación tamén participarán o crítico literario Ramón Nicolás e […]

Presentación de "Barthes filósofo", XIV Premio de Ensaio Ramon Piñeiro.

"Neste libro hai tres celebracións: Roland Barthes, a lingua galega e a filosofía". Con estas palabras Luis García Soto (A Coruña, 1956) agradeceu o Premio Ramon Piñeiro que, na súa XIV edición, se lle entregou onte pola obra "Barthes filósofo", no paraninfo na Facultade de Filosofía de Universidade de Santiago de Compostela. Luis G. Soto, […]

Sábado musical

O sábado serán dous os concertos de grupos do noso catálogo de Sonárbore que, dentro do programa 'Venres nas librerías' ofrecerán o mellor da súa música á cativada do país. Así, Chuches Amil actuará na librería Aenea en Santiago o próximo sábado 31 de outubro ás 12.00 horas da mañá. Os cativos poderán gozar das […]

"O álbum de Garrincha", presentado en Vigo

A Casa do Libro de Vigo encheuse onte de público para acoller a presentación do libro "O álbum de Garrincha", obra da escritora Beatriz Maceda Abeleira. A escritora estivo acompañada na mesa polo crítico literario Ramón Nicolás e polo escritor e editor Francisco Castro. Neste libro, publicado na colección Árbore de Galaxia, a autora aproveita […]