Paco Martín, pioneiro

Na pasada edición do Festigal, a Editorial Galaxia celebrou un acto arredor de Ramón Lamote, o entrañable personaxe creado por Paco Martín. De seguido, reproducimos as palabras de Xavier Senín, toda unha homenaxe ao labor pioneiro que, para a Literatura Infantil e Xuvenil galega, desenvolveu Paco Martín. —————————————————— Ramón Lamote abre as portas do mundo […]

Presentación en Cambados da biografía de Cabanillas

Luís Rei (O Grove, 1960), bibliotecario e técnico de cultura do Concello de Cambados, traballou durante quince anos no que podemos considerar a gran biografía literaria do poeta das Irmandades, "poeta da raza" como se lle denominou no seu tempo, o autor de "A terra asoballada" e "Da noite estrelecida": Ramón Cabanillas. Acompañaron ao autor […]

A sorpresa editorial do ano

Levamos xa días comentando a marabillosa sorpresa editorial que supón o libro de receitas "A cociña de Larpeiros" do cociñeiro Benigno Campos. Falamos tamén das tres edicións, de catro mil exemplares cada unha, que leva en menos dun mes. Onte, recabando informacións nalgunhas das máis grandes librerías de Galicia, soubemos que en termos obxectivos "A […]

A roseira dos recordos

Exposicións, presentacións de libros e outros actos, honrarán dende hoxe en Cambados a figura e a obra de Ramón Cabanillas de quen este ano se conmemora o medio século do seu pasamento. Así, hoxe, ás 20 horas, no xardín do Pazo de Torrado, en Cambados, presentarase o libro RAMÓN CABANILLAS. CRÓNICA DE DESTERROS E SAUDADES, […]

Homenaxe a Paco Martín

Editorial Galaxia vai ter un protagonismo especial no Festigal. Entre outros actos, o vindeiro sábado, ás nove da noite, Editorial Galaxia organiza este acto de homenaxe a Ramón Lamote cunha conversa con Paco Martín, na que intervirán Francisco Castro, Xavier Senín, e Xoán Balboa, ilustrador dos libros de Ramón Lamote. Quérese recoñecer así a importancia […]

Tres edicións en menos dun mes

Sen dúbida, a sorpresa editorial do ano está a ser o libro de Benigno Campos, "A cociña de Larpeiros", un recetario que a editorial Galaxia vén de tirar do prelo hai menos dun mes e que vén de alcanzar xa a terceira edición, sendo cada unha delas de 4000 exemplares. Poucas veces un cociñeiro galego […]

Herba de namorar

O escritor Xosé Carlos Caneiro foi o encargado de ler o pregón inaugural da Feira doLibro de Cangas. Nun discurso apaixonado de defensa do libro, o autor de Verín defendeu, dende Bernardino Graña e Vázquez Pintor, os libros, os libreiros e a boa literatura. De seguido, ofrecemos o texto completo do Pregón: HERBA DE NAMORAR […]

As novelas da memoria

Hoxe, ás 20 horas, na librería Couceiro de Santiago de Compostela, John Thompson, profesor da Universidade do Estado de Montana, presenta o ensaio "As novelas da memoria", acompañado por Carlos Lema e Antón Figueroa. Nesta obra, que Galaxia publica na colección Ensaio e que leva por subtítulo "Trauma e representación da historia na Galiza contemporánea", […]