Galegos na Arxentina

Dende que Alberto Vilanova publicou en 1966 Los Gallegos en la Argentina (Edicións Galicia), achega en dous volumes á presenza histórica de galegos e descendentes de galegos á construción da república austral, algo choveu. Nos anos 40 do pasado século calculábase en case medio millón de galegos só na cidade de Buenos Aires, bastante máis […]
David Pintor, seleccionado para a Feira de Bolonia

O ilustrador David Pintor ven de ser seleccionado para participar na vindeira Feira de Bolonia. Para a gran familia que é Galaxia este é un motivo máis de ledicia que, dende aquí, queremos compartir ao tempo que felicitamos de corazón este novo logro dun artista que está chamado a seguir sorprendéndonos cada día máis. Para […]
O CCG súmase ás críticas ao Decreto

O Consello da Cultura Galega vén de pronunciarse en contra das Bases para o Decreto de Plurilingüismo que a Xunta de Galicia está a someter a consultas entre distintos sectores da vida social, sindical e educativa. Había moito tempo que a sociedade galega non se activaba arredor do idioma coma nos últimos tempos, logo da […]
Lembrando a Anisia Miranda

Arredor de seiscentas persoas, co salón do auditorio do concello de Vila de Cruces cheo ata os topes, os veciños da vila, xunto cunha cumprida representación de autoridades e personalidades da cultura galega, homenaxearon a memoria da escritora Anisia Miranda, veciña de Gres, filla adoptiva do concello do Deza, e en homenaxe tamén á figura […]
A exposición RAMÓN CABANILLAS. A ROSEIRA DOS RECORDOS chega á Coruña

Editorial Galaxia, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consello Regulador D. O. Rías Baixas e o Concello da Coruña organizan esta exposición que percorre a figura e a obra de Ramón Cabanillas e que xa se puido visitar en Vigo e Cambados. O acto desta […]
Presentación en Lugo da OBRA COMPLETA DE LUIS PIMENTEL

O acto contará coa participación de Benxamín Casal, vicepresidente de Galaxia, e Araceli Herrero, editora da obra. Por primeira vez, publícase a Obra completa do poeta Luís Pimentel. Nun único volume e en edición ao coidado da profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das grandes especialistas na obra pimenteliá, inclúese a súa poesía en galego e […]
Xosé Monteagudo presenta UN TIPO LISTO en Moraña

Nesta presentación da novela gañadora do Premio García Barros 2009 participan Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, Marcos Seixo, escritor e ensinante, e o autor, Xosé Monteagudo. Un tipo listo iníciase coa morte do director dunha sucursal bancaria de Vigo. A aparición do cadáver leva á descuberta dun desfalco de grandes proporcións. Os dous […]
'Todas as mulleres bailamos co mar'

Rodeada de amigos e lectores e lectoras, a escritora Alicia Borrás presentou onte en Vigo o seu novo libro 'O mar é noso'. Abriu o acto o Coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, o escritor Francisco Castro quen explicou que 'se escribir é un xeito de mirar a realidade, este volume nace coa ollada […]