Pesadelo no tren Chocolate

Fina Casalderrey, unha das máis grandes voces da nosa Literatura Infantil e Xuvenil ven de publicar na nosa colección Árbore 10 anos unha nova obra, 'Pesadelo no tren Chocolate'. Nesta nova obra, Fina Casalderrey aborda un tema mítico na historiada literatura: a primeira viaxe en tren. Tal é o que van facer Iria e o […]

A distancia que vai do Courel a Compostela

Neste ano que se dedica a Uxío Novoneyra serán moitas as novidades que cheguen aos andeis das líbrerías de Galicia para revisitar a figura e a obra do poeta do Courel. Na Editorial Galaxia, como xa informamos a comezos de xaneiro, temos xa ás portas algunhas publicacións que esperamos sexan de referencia para os tempos […]

As cartas dunha vida

Máis de corenta correspondentes, entre eles, Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Otero Pedrayo, Luís Seoane, Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro e Carlos Velo, fan destas Cartas de vellos amigos un documento excepcional como testumuño dunha parte importante da historia cultural de Galicia durante a segunda metade do século XX. A introdución e edición […]

'A praia dos afogados' finalista do Arcebispo San Clemente

A novela de Domingo Villar, 'A praia dos afogados' é unha das tres finalistas da XVI EDICIÓN do Premio Literario ARCEBISPO JUAN DE SAN CLEMENTE que premia anualmente aos mellores libros publicados o ano anterior segundo un dos criterios máis excelsos e interesantes para un escritor: os lectores máis novos. A novela está a seguir […]

Presentación de CIRCE OU O PRACER DO AZUL na Coruña

O acto de presentación será ás 20.00h, no salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Neste acto estará acompañada por Xosé Manuel Sánchez, vicepresidente da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Pilar García Negro e Goretti Sanmartín. Nesta novela Begoña Caamaño relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe, un dos mitos […]

A fotografía de Blanco Amor chega a Poio

A exposición A OLLADA DO DESEXO. Obra fotográfica 1933-1973 , que reúne boa parte das fotografías realizadas por Eduardo Blanco Amor, poderase visitar dende mañá e ata o 3 de marzo no Casal de Ferreirós. O acto de inauguración terá lugar hoxe martes, ás 20.30 h, e contará coas intervencións de Silvia Díaz Iglesias, concelleira […]

O Salón do Libro homenaxea a Agustín Fernández Paz

Do 7 de febreiro ao 14 de marzo desenvolverase en Pontevedra a nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que lle renderá homenaxe ao escritor vilalbés Agustín Fernández Paz. No acto, que terá lugar o 13 de marzo no Auditorio do Pazo, intervirá o escritor Xabier P. Docampo e actuarán os músicos Mini […]

RAMÓN CABANILLAS na Coruña

Coincidindo co medio século do pasamento do poeta Ramón Cabanillas, Editorial Galaxia, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consello Regulador D. O. Rías Baixas e o Concello da Coruña organizan esta exposición que percorre a figura e a obra de Ramón Cabanillas e que xa […]