A boa saúde da Literatura Infantil e Xuvenil galega

Foron moitos días cheos de intensidade, dende o mércores ata onte, reunidos case que 600 convidados para debater e compartir angueiras e esperanzas arredor da Literatura Infantil e Xuvenil no 32 Congreso Internacional de IBBY que se celebrou en Compostela. Foron días para o encontro entre autores, ilustradores, editores, bibliotecarios e, en xeral, de todas […]
Inaugurada a exposición A DIMENSIÓN EUROPEA DA GALICIA ESPIRITUAL

A exposición inaugurouse onte e permanecerá na Casa Galega da Cultura até o próximo 13 de outubro. Nela, a Fundación Penzol amosa na Casa Galega da Cultura de Vigo a súa visión dos Camiños de Santiago e das peregrinacións á tumba do Apóstolo a través dos seus fondos. A presentación contou coa participación de Alfonso […]
A forza das minorías

Hoxe, a ata o domingo, 600 expertos en literatura infantil e xuvenil están citados en Compostela para participar na 32 edición do Congreso Internacional de IBBY, cita cumio arredor de todo o que ten que ver coa literatura infantil. Para este ano o lema escollido é 'A forza das minorías' e servirá, durante unha semana […]
Faleceu Olga Gallego

O domingo soterramos en Ourense, no cimiterio de San Francisco, onde repousan tamén os restos de Ramón Otero Pedrayo e de Eduardo Blanco Amor, a Olga Gallego Domínguez (Ourense, 1923), exdirectora do arquivo histórico de Ourense, membro da Real Academia Galega e dos padroados da Fundación Otero Pedrayo e da Fundación Penzol. Entre os últimos […]
Imaxes no espello

Hoxe espertei melancólica e reflexiva. Peiteándome fronte o espello, tiven a sensación de que os meus cabelos se volvían verdes ramiños de arraián. Fermosa visión. De seguida, unha serie de imaxes sen orde cronolóxica, arrastradas polo vento das lembranzas pasaron fronte a min; e vin reflectidos no espello momentos de beleza, música e lodos que […]
Ovellas na néboa

Non, se vai ser iso, que a culpa de todo a teñen nosos pais. Eles, nosos avós, nosos tataravós e canta xeración nos precedeu e nos entregou esta cántiga. A cousa esa de que hai que ser boa persoa e facer ben as cousas. E que hai que ser honrado e estudar e esforzarse. E […]
Unha cociña na que nos recoñecemos
O salón do Real Club Náutico de Vigo quedou pequeno para acoller a presentación do novo libro de receitas do cociñeiro Benigno Campos. O acto, presidido por palabras emocionantes e discursos sobre a felicidade, encheuse tamén de música. Por algo este novo receitario vén acompañado dun CD coas cantigas do programa de Larpeiros. Abriu o […]
Xurxo Sierra Veloso recibiu o premio Repsol
Onte, na Fundación Luis Seoane da Coruña, o escritor Xurxo Sierra Veloso recibía o premio de novela Repsol pola súa obra 'Os fíos' que vimos de publicar na nosa colección Literaria. No acto participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, o vicepresidente da Fundación Repsol, César Gallo e o director xeral da Editorial […]