Todos somos pequenos

Haberá que falar dos autores pequenos, menores, os inconclusos. Non sempre atoparon rima para o verso e con frecuencia perderon o combate da prosa, pero aí seguiron, incesantes, loitadores. Os libros que escribiron amorean po na biblioteca da súa vila natal ou dormen a dignísima eternidade do faiado. Non obtiveron o recoñecemento do premio remunerado […]
Un testemuño xeracional arredor da droga

Tamén unha historia de amor. Amor a Nico, amor a Xulia e amor á vida, representada polos amigos. Arroupada por todos eles, que encheron o local a tope, Xulia Alonso presentou en Vigo o seu primeiro libro, "Futuro imperfecto", acompañada da súa filla Lucía, á que vai dedicado, e coa memoria de Nico, o seu […]
Unha fin de semana de presentacións
Esta fin de semana vai ser rico en presentacións literarias. Por unha banda, en Ferrol, presentaremos o libro 'Alén', de Xaime Quintanilla o venres ás 12:00 h, na sala de recepcións do Concello de Ferrol, volume recentemente publicado na Biblioteca ESAD de Galaxia. Participarán no acto Mercedes Carbajales, Concelleira de Cultura, Xosé M. Soutullo, director […]
Non hai futuro

“Non hai futuro! este lema ilustraba a comezos dos anos oitenta a rebelión xuvenil contra os grandes relatos que estruturaban o tempo. A recuperación do instante, o vivir plenamente o presente, permitía desembarazarse do mercado do rock, da hipocrisía social e das formalizadas eivas familiares. Mais a forza do movemento xuvenil minguou e as súas […]
'O armiño dorme' triunfa no Brasil
A novela, publicada na colección Costa Oeste, 'O armiño dorme' de Xosé A. Neira Cruz, vén de ser merecente doutro importante recoñecemento internacional ao entrar a formar parte do Programa Biblioteca na Escola 2011 do goberno brasileiro. Unha excelente nova para unha excelente novela. Que entre esta obra, na súa versión brasileira publicada por SM […]
Vida

Pouso os pés no chan coa seguranza de que o verán foi caendo a cada paso tras de min, camiño satisfeita por ter chegado á terra onde as cores se funden coa paleta do outono, seino de certo, porque os castiñeiros van espindo sixilosos a alma, déixana caer perseguindo as pingas de auga que antes […]
Galaxia: 60 anos de historia e de futuro

No ano 1950 nacía a Editorial Galaxia. Por enriba de calquera outra consideración, o acto da súa fundación foi un xesto de amor. A un país, a unha idea de sociedade, a un proxecto de resistencia e de proxección cara o futuro. Seis décadas despois, nós, herdeiros dese pulo iniciado por Francisco Fernández del Riego, […]
Constituido o Xurado do IV Premio Narrativa Breve Repsol

Onte tivo lugar a constitución do Xurado do IV Premio Narrativa Breve Repsol. O xurado está composto por cinco membros, cada un dos cales foi nomeado por unha institución: Nomeado pola Fundación Repsol: D. Francisco Pillado Mayor. escritor e editor, un referente na cultura galega, que dende o comezo foi o impulsor e o asesor […]