Hoxe, a ata o domingo, 600 expertos en literatura infantil e xuvenil están citados en Compostela para participar na 32 edición do Congreso Internacional de IBBY, cita cumio arredor de todo o que ten que ver coa literatura infantil. Para este ano o lema escollido é 'A forza das minorías' e servirá, durante unha semana case de traballo, para o intercambio de ideas, debate e información entre moitas persoas vencelladas a este tipo de literatura, así como para que editores, ilustradores, autores e editores poñan en común as súas reflexións arredor da situación da LIX.
O programa, que podes consultar na ligazón que ofrecemos nesta páxina, confórmase arredor de mesas redondas, conferencias, seminarios e debates que, en palabras da comisaria do evento, Henrike Fasefeldt pretende 'amosarlle ao mundo o que se fai en Galicia'.