Veronesi recolleu o Premio do Casino de Santiago

O escritor Sandro Veronesi recolleu onte o Premio de Novela Eu­ropea Casino de Santiago, nunha velada que deu comezo coa inter­vención de Ubaldo Rueda, vicepresidente do Casino, agradecendo a colabora­ción de todos os presentes e dirixíndose especialmente a Sandro Veronesi. A cita, á que acudiron o alcalde de Compostela, Xosé Sánchez-Bugallo, e o conselleiro de […]

A PALABRA EXACTA

Esta biografía do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011 é un achegamento a Pereiro a través das persoas que máis íntima relación mantiveron con el, pero tamén coas voces que se enfrontaron á análise da súa poesía ou que, dalgún xeito, o reivindicaron. O resultado é un libro con múltiples puntos de vista onde se […]

Nova edición de 'Tesouros novos e vellos'

Se esta fin de semana inaugurabamos en Mondoñedo a mostra 'No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro', hoxe queremos salientar a nova edición feita pola nosa editorial de 'Tesouros novos e vellos', ou o que é o mesmo, o Discurso de Ingreso de Álvaro Cunqueiro na RAG e a resposta do que […]

'Dálle a volta' xa está na Rede

Hai semanas presentábase en Compostela o proxecto 'Dálle a volta', un completo material descargable dende a Rede e orientado á Educación do Consumo que contempla a descarga de balde do conto interactivo e en Rede, 'Area fai seis' de Araceli Gonda e ilustrado por María Noel Toledo, así como un completo 'Proxecto de educación para […]

'Cabalo de ouros', Premio da Crítica

Se hai dous sábados, Víctor F. Freixanes recibía o recoñecemento dos libreiros como Autor do Ano co Irmandade do Libro, este último recibía, da Asociación Española de Críticos Literarios, o Premio da Crítica para a lingua galega. Na nosa literatura, a proposta de galardóns fora elevada dende a Sección Crítica da Asociación de Escritores e […]

Presentación de "Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro"

O ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas foi prolífico en obras dedicadas ao filósofo de Láncara. Sen embargo, aínda quedan aspectos por descubrir, facetas por iluminar. Tal é o que nos aporta o libro 'Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro' de Xosé Manuel Dasilva. No acto de presentación deste traballo […]

Carlos Vila Sexto e Francisco Castro, premio Frei Martín Sarmiento

Esta semana tivo lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Compostela a entrega da VII Edición do Premio Frei Martín Sarmiento, un certame que dende hai sete anos premia, cos votos dos alumnos e alumnas, as que consideran mellores obras escritas para o seu chanzo de idade. Nesta edición participaron arredor de 2400 escolares […]

2ª edición para CABALO DE OUROS

Logo da súa publicación o pasado novembro, xa podemos atopar nas librerías a segunda edición desta obra coa que Freixanes volve á literatura dezasete anos despois. Cabalo de ouros serve de canle a un río de historias e personaxes que o escritor reúne arredor dunha partida de naipes durante os anos da posguerra, nos tempos […]