"Un abrazo para Castelao"

Aldara Diéguez foi a asinante máis nova que veu despedir a Francisco Fernández del Riego no memorial instalado na Fundación Penzol en Vigo. "Grazas por todo o que nos regalaches e por todo o que fixeches pola nosa lingua e cultura. Espero que estés ondes estés disfrutes desta homenaxe que sen dúbida algunha tes ben […]
CONVOCATORIA AO POBO GALEGO NA MEMORIA DO EXIMIO GALEGUISTA E EGREXIO INTELECTUAL

Seguindo o seu desexo expreso, o noso chorado Francisco Fernández del Riego foi despedido na intimidade da súa familia. Como expresión pública de homenaxe a quen foi o seu fundador, padroeiro vitalicio e director desde 1963, a Fundación e Biblioteca Penzol, que el mesmo considerou o seu fogar cultural durante a maior parte da súa […]
Arredor de don Paco

Alí estaban todos. Os discípulos de don Paco. Aqueles e aquelas que, dun xeito ou doutro, se sentían vencellados á relación e as ensinanzas de Francisco Fernández del Riego. Con 97 anos, o intelectual galeguista, fundador e director ata hai poucos meses da Fundación Penzol, fundador da Editorial Galaxia en 1950, membro da Real Academia […]
Faleceu Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego finou o pasado venres na súa casa de Vigo da Praza de Compostela aos 97 anos de idade. A súa vida principiara en Vilanova de Lourenzá no ano 1913. Intelectual galeguista, expresidente da Real Academia Galega e fundador da Editorial Galaxia con Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo e Xaime Isla no ano […]
Homenaxe a don Paco

O mércores desenvolveuse polo serán a homenaxe institucional a Francisco Fernández del Riego no CGAC en Santiago. Organizado pola Xunta –e coa colaboración de Galaxia, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega–, o acto congregou representantes políticos, das institucións culturais participantes e da sociedade galega. A encargada de conducir […]
Xa está nos cines NON ME DEIXES NUNCA

Esta obra, que conseguiu o Premio Novela Europea Casino de Santiago 2006, é unha das máis salientables do autor da coñecida The Remains of the Day, que tamén foi levada con éxito ao cine; conta unha historia na que xoga un papel fundamental o destino, inesperado e arrepiante, que pon de relevo a fraxilidade do […]
Poesía e pantasma

Nestes días está a chegar ás librerías de todo o país, dentro da colección de Ensaio, o novo libro de María do Cebreiro Rábade Villar, 'Fogar impronunciable. Poesía e pantasma'. Con esta obra, a escritora de Compostela aborda as relacións entre literatura, historia e ideoloxía, tres realidades indisolubles que se condicionan mutuamente, dun xeito consciente […]
2ª edición para FUTURO IMPERFECTO

Continúan os éxitos para o debut literario de Xulia Alonso Díaz. Cinco meses despois da súa publicación xa podemos atopar nas librerías a 2ª edición deste libro no que a autora traza un percorrido vital compartido cunha xeración, a dos mozos e mozas que durante os anos oitenta e noventa circularon por unha senda perigosa […]