Se hai dous sábados, Víctor F. Freixanes recibía o recoñecemento dos libreiros como Autor do Ano co Irmandade do Libro, este último recibía, da Asociación Española de Críticos Literarios, o Premio da Crítica para a lingua galega.
Na nosa literatura, a proposta de galardóns fora elevada dende a Sección Crítica da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, quen a fixo chegar ao plenario da AECL para a súa ratificación a través da súa representante, Laura Caveiro quen, a media tarde do sábado, lía a acta do xurado que volve recoñecer, unha vez máis, o retorno de Freixanes á narrativa despois de varios anos de silenzo.
No apartado de poesía, o galardón foi para a obra 'A cidade sen roupa ao sol' da autoría da escritora e crítica literaria Marga do Val e publicado por Espiral Maior.