Hoxe é o Día das Librerías

Hoxe celébrase o Día das Librerías, un acontecemento que serve para lembrarnos a existencia dunhas tendas moi especial, duns lugares onde se venden soños, versos lindos, historias que nos enganchan, sabedoría, lecer e entretemento. Lugares de luz que non deben esmorecer. Na nosa man está que non esmorezan. Co gallo da xornada, abrirán ata as […]

Xira de concertos de Mamá Cabra

As Mamá Cabra e Editorial Galaxia van percorrer o País cunha xira de concertos na que o popular grupo de música infantil vai interpretar, entre outros, os temas do seu novo libro-disco Xa me tardan estes Magos e no que musicaron poemas de autores senlleiros como Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro ou Antón Cortizas. O […]

Crise e xornalismo

Forma parte do cotián. Xa ninguén repara en botar uns minutos lendo unha nova acerca do peche dalgún medio de comunicación, ou o despido de xornalistas. O que debería ser excepcional, xa é tristemente habitual. A crise entrou a fondo no xornalismo e quizais o peor é que chegou con gañas de instalarse. Son dos […]

O galego e Valentín Paz-Andrade

Presentouse a páxina oficial da figura que habemos homenaxear nas Letras de 2012. Para abraio de quen lese a súa obra, as únicas palabras de Paz-Andrade que se salientan en todo o web son estas: “O bilingüismo non é ningún mal. Pol-o contrario é progresivo, mentras o monolingüismo é regresivo… O bilingüismo, e máis se […]

Dous libros de Galaxia, premiados na web Fervenzas Literarias

Un ano máis, a referencial web Fervenzas Literarias, que hai tan pouco renovou o seu aspecto, vén de dar a coñecer os resultados da enquisa feita entre os seus lectores e lectoras na procura dos mellores libros do ano que vén de rematar. Varios libros de Galaxia atópanse nos primeiros postos entre as preferencias dos […]

Homenaxe a Franco Grande en Tomiño

O Concello de Tomiño honrará o vindeiro sábado 14 de xaneiro ás 12h00 no auditorio de Goián a senlleira traxectoria cultural do Fillo Predilecto de Tomiño, Xose Luis Franco Grande. Con este acto o goberno local tomiñés recoñece o importante papel deste intelectual no mundo cultural galego e a difusión da súa terra sempre presente, […]

Para que (me) serve a poesía?

A poesía, considerada un xénero literario nos manuais de literatura e nos libros de texto da nosa etapa escolar, non só é a ferramenta empregada polos escritores para facer poemas e libros, quizais iso, só sexa unha pequena parte, imprescindible, pero non a máis importante. A poesía é tatuar nas pupilas un prisma para observar […]

Emigrar a Galicia

A Vida é un Accidente. Así titulei a miña última serie de pinturas. Formarán parte dunha exposición en Monçao no mes de xaneiro. E case por accidente instaleime, hai catro anos, en Galicia. Vin traballar en Mercadotecnia, que é o que alimenta o meu corpo, e deime á Pintura, porque a bebida séntame moi mal, […]