Uderzo vaise

Hoxe a prensa mundial faise eco da retirada de Uderzo, o debuxante mundialmente famoso pola creación das historias de Astérix o Galo, en colaboración con Gosciny. Dende o pasamento deste último, Uderzo encargábase das dúas partes da creación e agora anuncia a súa retirada. Astérix chegou ao galego hai máis de trinta anos. Algúns dos […]
Galaxia no Liber

Onte comezou en en Madrid, nas instalacións de IFEMA, a 29 edición de Liber, o espazo do mundo editorial do territorio español. A Federación de Gremios de Editores de España organiza anualmente este espazo profesional que se celebra alternativamente en Barcelona e Madrid. Rumanía, país convidado de honra, dará a coñecer a súa realidade cultural […]
Adianto do primeiro capítulo da nova obra de Murakami

Dende a ligazón á dereita destas liñas podes descargarte de balde, en formato PDF, o primeiro capítulo do Libro 3 de '1Q84', o novo libro de Haruki Murakami que xa está á venda despois de que o pasado febreiro publicaramos os dous primeiros nun único volume. A edición en galego sae ao tempo que no […]
Inauguración nas Pontes de O LECER DAS AUGAS

Esta exposición, organizada pola Asociación de Balnearios de Galicia e producida por Merlín Comunicación, percorre a historia dos balnearios de Galicia e chega mañá ás Pontes de García Rodríguez. Esta mostra ten a súa orixe nun convenio asinado en 2007 entre a Cámara Mineira de Galicia e a Asociación de Balnearios. En virtude deste acordo, […]
No Día da Tradución

Como cada día 30 de setembro celébrase o Día da Tradución. A Asociación de Tradutores Galegos organizou para conmemorala, na sala de conferencias de novaCaixagalicia en Vigo ás 20,00 horas, unha conferencia sobre "Plácido Castro, tradutor", que impartirá o profesor da Universidade de Vigo, Alberte Álvarez Lugrís. Plácido Castro foi un dos grandes pioneiros da […]
BERROGÜETTO. O PULSO DA TERRA en Vigo

Van participar neste acto Francisco Castro, editor, Antón Seoane, músico de Milladoiro, e Anxo Pintos, músico de Berrogüetto. Trátase da primeira biografía sobre Berrogüetto escrita polo xornalista e crítico musical Fernando Neira. Berrogüetto é, sen dúbida, un dos grupos musicais máis relevantes que deu a música de raíz tradicional galega durante as dúas últimas décadas. […]
Presentamos o libro CRIATURAS

Mañá en Santiago, nunha rolda de prensa que terá lugar ás 12:00 h na Biblioteca Novacaixagalicia, Editorial Galaxia e a produtora Pórtico presentan o libro CRIATURAS. Van intervir neste acto Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Moncho Varela, productor executivo de Pórtico, Rosa Vilas, directora da TVG, e Juan Fuentes, presentador do programa. Xa […]
Medio cento de produtos galegos de calidade

De novo foi o Club Náutico de Vigo o lugar escollido pola nosa editorial para presentar un novo libro-larpeiro, neste caso, o escrito por Tomás Alonso e Víctor López, 'Onde mercan os Larpeiros' e que contou coa participación, canda os autores, do cociñeiro Benigno Campos, o director do programa, Xosé Cermeño, e Víctor F. Freixanes, […]