'Area fai seis', finalista nos Mestre Mateo

Onte, a Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer as obras finalistas nos Mestre Mateo 2011. Se o ano pasado a Editorial Galaxia era finalista polo proxecto Contoplanet, este ano, 'Area fai seis' é finalista na candidatura de Mellor Obra Interactiva. 'Area fai seis' é un conto, escrito por Araceli Gonda e ilustrado por María […]
Presentación de LAURA NO DESERTO en Vigo

O escritor Antón Riveiro Coello presenta a súa última novela, Laura no deserto. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director de Galaxia, e Ana Gago González, profesora de Lingua Galega e Literatura. A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama […]
JEAN-PHILIPPE TOUSSAINT NO LOUVRE

Con motivo dun ciclo consagrado polo museo parisiense ás artes do libro, Toussaint monta unha mostra na que a fotografía se asocia ao vídeo, ás instalacións e ás intervencións do escritor e director de cinema coa finalidade de "evocar o libro sen pasar polo escrito". Na exposición, o autor de Fuxir, novela de Toussaint publicada […]
Presentación UN POZO MOI FONDO na Casa do Libro de Vigo

Este martes, ás 20 h, terá lugar esta presentación que vai contar co editor, Francisco Castro, e o autor, o doutor José Luis Iglesias Diz. Pretende ser unha guía útil para as familias, os docentes, e os propios doentes, para saber como enfrontarse aos trastornos da conduta alimentaria. Nunha linguaxe clara e accesible a todo […]
50 anos da primeira representación en Galicia de 'Os vellos non deben de namorarse'

A Biblioteca Nodal 'Ánxel Casal' de Santiago de Compostela inaugura hoxe a exposición "Os vellos non deben de namorarse, 1961-2011. Cincuenta anos na memoria", unha mostra que conmemora o 50 aniversario da primeira representación en Galicia da obra "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao, o 25 de xullo de 1961 na compostelá Praza […]
Actos arredor de García Barros

Este sábado desenvolveranse na Estrada, vila de Ken Keirades, ou sexa, de Manuel García Barros, unha serie de actos na súa lembranza agora que se cumpren catro décadas do seu pasamento. Os actos darán comezo ás 12:00 h, na casa natal de Berres, seguirán ás 13:00 h, no cemiterio de Callobre, para rematar ás 20:00 […]
Neira Vilas presenta en Vigo ESPERANDO O LEITEIRO

A Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas (Avda. Martínez Garrido, 21) acolle mañá mércores, ás 20:00 h, a presentación deste novo título na longa traxectoria dun dos mestres da narrativa galega contemporánea. O acto contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Isaura Abelairas, concelleira de cultura do Concello de Vigo, e o […]
Mesa redonda sobre VALENTÍN PAZ-ANDRADE en Vigo

Este martes a Fundación Penzol organiza na Casa Galega da Cultura de Vigo unha mesa redonda arredor da vida e da obra do autor que este ano conmemoramos no Día das Letras Galegas, Valentín-Paz Andrade. Moderados por Miguel Anxo Seixas Seoane, coordinador do Ano Valentín Paz- Andrade, participarán no debate grandes coñecedores do seu traballo, […]