Presentación de COMA UNHA ÁNCORA en Lugo

A escritora Iria Collazo López presentará a súa novela COMA UNHA ÁNCORA na librería Trama de Lugo acompañada do editor Francisco Castro. Sobre esta historia, o crítico literario Ramón Nicolás escribiu en LA VOZ DE GALICIA: "Abeirada ás denominadas propostas narrativas de fronteira, esta suxestiva e prometedora estrea de Iria Collazo López articula unha novela […]
Luis Seoane e Fina Casalderrey, protagonistas na Feira de Buenos Aires

Luis Seoane, todo un clásico, e unha das autoras máis importantes do noso sistema literario, Fina Casalderrey, protagonizan os actos que, dentro da Feira do Libro de Buenos Aires teñen que ver coa delegación galega e o proxecto Mar Maior da Editorial Galaxia. Así, ás 18 horas e no stand de Galicia, desenvolverase un coloquio […]
A Buenos Aires galega

Así titula Ramón Villares o derradeiro capítulo da súa nova edición da “Historia de Galicia”, reeditada, ampliada e enriquecida tanto na versión en galego (Galaxia) como a impresa en Buenos Aires (Mar Maior) que presentamos estes días na 42 edición da Feira do Libro da capital porteña, este ano dedicada á cidade de Santiago de […]
Presentación da biografía de Manuel María na Coruña

A escritora Mercedes Queixas Zas continúa coa súa xira de presentacións da biografía de Manuel María, "Labrego con algo de poeta". Desta volta recalará na Librería Suévia da Coruña desta obra na que vai entrefebrando vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires. Cun relato directo, sintético e ao tempo rigoroso, a autora achéganos […]
Presentacion do proxecto Mar Maior na Arxentina

Mañá, ás 10 da mañá (hora local), na cidade de Buenos Aires, presentaremos o proxecto Mar Maior para todo o sector profesional libreiro arxentino, ou sexa, aos distrbuidores, editores e libreiros. Interveñen no acto Carlos Brandeiro, presidente de Mar Maior, a escritora Maria Rosa Lojo, Nelly Espiño e Víctor F. Freixanes, director xeral do selo. […]
Presentación de AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA en Ferrol

O escritor Francisco Castro presentará este mércores en Ferrol, na Galería Sargadelos, acompañado polo ilustrador Antonio Seijas, a súa nova novela, AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA. Deste libro o crítico Francisco Martínez Bouzas escribiu no seu blogue: "Agasállanos o autor arestora cunha novela, éxito de vendas e tamén mediático, na que se dan […]
Segunda edición da Antoloxía de Manuel María

Sae do prelo en poucas semanas a segunda edición da Antoloxía Poética de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016, realizada por Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela e publicada pola Editorial Galaxia. Esta antoloxía recolle unha ampla mostra da enorme dimensión da obra poética de Manuel María e da variedade […]
Música infantil de norte a sur

Este sábado vai ser especialmente intenso no plano musical infantil porque dous dos grupos que recentemente teñen publicado na colección Sonárbore, PIRILAMPO e OVIRAVAI, ofrecerán concertos en A Coruña e Vigo, respectivamente. A primeira das citas témola en A Coruña, ás 17h30. Concretamente, no Museo de Belas Artes. A entrada é gratuíta ata completar aforo. […]