Actos de Mar Maior na Feira do Libro de Buenos Aires

Hoxe venres, Víctor F. Freixanes, Ramón Villares, Xesús Alonso Montero e Fina Casalderrey, entre outros, participan nunha Mesa redonda sobre a lingua galega na cátedra Castelao da Universidade de Buenos Aires. Despois, María Rosa Lojo presenta "El Libro de las Siniguales y del único sinigual", editado por Mar Maior, na Feira. Acompañada por María Gladys […]
Xornada de presentacións en Bos Aires

Despois da intensa e emocionante presentación do proxecto Mar Maior Arxentina, o programa de actividades da delegación de Editorial Galaxia na Feira do Libro de Bos Aires continúa hoxe con dúas actividades de grande interese para o público. Xavier Alcalá falará do proxecto de conversión ao cómic da súa exitosa novela A Nosa Cinza e […]
Exitosa presentación do proxecto editorial Mar Maior en Buenos Aires

Houbo que cambiar de sala para acoller a afluencia de público que asistiu á presentación do proxecto Mar Maior na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires. Estaba prevista a Sala Villafañe e houbo que habilitar a Sala Leopoldo Lugones, con duascentas cincuenta localidades de aforamento. O noso libro máis vendido na feira está a […]
Lourenço, xograr visita a Feira do Libro de Compostela
Manuel Portas presenta mañá sábado, día 30, ás 20h, na Feira do Libro de Compostela a súa última novela, Lourenço, xograr, Premio de Novela Manuel García Barros 2015. Estará acompañado pola crítica literaria Dolores Vilavedra e por Arturo Ponte. Lourenço, xograr contribúe á divulgación da historia e da literatura medieval galegas por medio dun personaxe […]
Presentacións da biografía de Manuel María en Vigo e Pontevedra

A escritora Mercedes Queixas Zas continúa coa súa xira de presentacións da biografía de Manuel María, "Labrego con algo de poeta". O martes, día 26, ás 20h, estivo na Casa do Libro de Vigo acompañada polo crítico literario Ramón Nicolás e polo director literario de Galaxia, Carlos Lema. E o mércores, día 27, tamén ás […]
Crónicas desde Bos Aires

As escritoras e os escritores de Galaxia están presentes na 42ª Feira do Libro de Buenos Aires. Ver máis Editorial Galaxia/Mar Maior participaron tamán nesta oasión na festa popular "Buenos Aires celebra Galicia", que todos os anos reúne a miles de galegos e galegas na Avenida de Mayo, entre Bolívar e Chacabuco, unha das grandes […]
Actos de Mar Maior en Buenos Aires na Feira do Libro esta fin de semana

Este fin de semana, o selo Mar Maior, da Editorial Galaxia, vai protagonizar a Feira do Libro de Buenos Aires cunha morea de actos de todo tipo que farán que a celebración do Día Internacional do Libro teña unha presenza galega singular. De seguido, os actos máis salientables da nosa abondosa presenza nas terras porteñas: […]
Presentación de CAMIÑOS NA AUGA en Ames

Este sábado, 23 de abril ás 20,00 horas, presentarase 'Camiños na auga' de Manuel Núñez Singala dentro da actividade Literatura na Praza, que organiza o Concello de Ames. Acompañarán ao autor o crítico literaio Armando Requeixo e Arturo Ponte en representación da Editorial Galaxia. Camiños na auga conta a historia de Szymo, un rapaz albino […]