Presentación de O enigma de Caronte en Ourense

Carlos Vila Sexto presenta mañá venres 15 ás 20h, no Liceo de Ourense, a súa nova novela, O enigma de Caronte, acompañado por Mariluz Villar, dramaturga, escritora e colaboradora de La Región e polo editor Francisco Castro. A novela comeza durante o último verán que Dani e os seus amigos van pasar xuntos en Cabo […]

Presentación do novo libro de Manuel Núñez Singala en Compostela

Manuel Núñez Singala presentará, acompañado polo crítico literario Armando Requeixo e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, o seu novo libro, CAMIÑOS NA AUGA. Deste libro, o profesor Anxo González Guerra escribía nas redes sociais unha impresión ben reveladora: "un se pon a ler o libro e desde as primeiras páxinas xa se […]

Filoloxía de Vigo lembra a Otero Pedrayo no 40 cabodano do seu pasamento

Este domingo cumpríronse 40 anos do pasamento de Ramón Otero Pedrayo, todo un patriarca das letras galegas, símbolo da Xeración Nós e da recuperación cultural de posguerra. Conscientes da importancia de lembrar esta data a Facultade de Filoloxía e Tradución organizou para este luns a xornada titulada Abril Oteriano. O fondo Otero Pedrayo na Fundación […]

Animada fin de semana de presentacións literarias

A Editorial Galaxia desenvolveu esta pasada fin de semana unha intensa axenda de actividades literarias. Carlos Labraña presentou o venres en Compostela a súa comedia teatral infantil, Moito Morro Corporation. Arantza Portabales fixo o propio na Feira do Libro de Pontevedra co historia gañadora do Premio de Novela por Entregas de la Voz de Galicia, […]

Abril Oteriano en Ourense e Vigo

Flores para don Ramón, para dona Fita e para dona Eladia no cemiterio de San Francisco (Ourense). O presidente da Fundación Otero Pedrayo, Víctor Freixanes, fixo una evocación sentida do autor de "Arredor de si" e houbo flores das Fundacións de Galaxia (Otero Pedrayo, Penzol, Isla Couto), da Fundación Vicente Risco, do Parlamento de Galicia, […]

Unha fin de semana cheo de música infantil

Esta fin de semana vai ser especialmente intensa no plano musical infantil porque dous dos grupos que recentemente teñen publicado na colección Sonárbore, OVIRAVAI e PIRILAMPO, ofrecerán concertos en Ourense e Santiago, respectivamente. A primeira das citas témola en Ourense, concretamente no Auditorio, ás 18 horas. O prezo da entrada é de 3 euros. AS […]

Vermú entre libros con Francisco Castro en Pontevedra

O escritor Francisco Castro, acompañado pola tamén escritora Iria Collazo López falarán sobre a nova novela do primeiro, AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA no marco dos Vermús entre libros que organiza a librería Paz de Pontevedra. Desta novela, no blogue literario Páginas de Nieve, escribiuse que: "Francisco Castro consegue cunha prosa magnífica meternos […]

Malores Villanueva

"O meu pesadelo favorito", de María Solar, ten a sensibilidade e a intelixencia de tratar os nenos como o que son, persoas en constante proceso de aprendizaxe con capacidade para absorber coñecementos. Sabiades que os cans poden ser verdes? E sabedes que os xemelgos poden nacer unha semana despois un do outro? Cientificamente é posible, […]