Presentouse en Santiago 'A cociña dos Cunqueiro'

O pasado venres, os amigos do Restaurante Acio de Santiago, sito na rúa Galeras, acolléronos para a presentación, diante dos medios de comunicación e algúns amigos e amigas que quixeron compartir o evento con nós, o libro 'A cociña dos Cunqueiro', de Elvira González-Seco Seoane. No acto participaron, entre outros, Miguel Vila Pernas, responsable da […]
Xosé Antonio López Silva
Dicía Ortega y Gasset nas frases de apertura de Literatura europea e Idade Media Latina do humanista alemán Erns Robert Curtius, que un libro de ciencia ten que ser de ciencia, pero por enriba de todo tamén ten que ser un libro. Lembrei esa frase mentras remataba a lectura de A cociña dos Cunqueiro, de […]
Todo listo para a gran festa de Trasalba dedicada a Cristina Pato

Dende a ligazón á dereita destas liñas podes descargar o progrma completo dos actos de entrega do Premio Trasalba á música Cristina Pato o vindeiro domingo 30 de Xuño na Casa Grande de Cimadevila. E tamén, á dereita destas liñas, deixamos para que poidas escoitar, o tema que Cristina Pato compuxo en homenaxe a Trasalba. […]
'Rosalía pequeniña' en Mos

Este xoves, e dentro dos actos programados dentro do programa Falaredes, da Sescretaria Xeral de Política Lingüística, celebrarase o espectáculo, en Mos, 'Rosalía pequeniña' a cargo de Uxía. Na localidade mosense é festivo e o acto enmárcase dentro dos actos da Festa da Rosa. 'Rosalía pequeniña' é un espectáculo que, como no libro-disco que acabamos […]
Cartas e lembranzas

Estes días chega ás librerías de todo o país un novo libro de Xosé Neira Vilas: 'Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego'. Neste libro, o autor de Memorias dun neno labrego reúne un mangado de lembranzas sobre o seu amigo, o editor e escritor Francisco Fernández del Reigo, a carón da correspondencia […]
Literatura para o Día Mundial do Medio Ambiente

Hoxe, 5 de xuño, celébrase en todo o mundo o Día Mundial do Medio Ambiente, unha celebración instituída pola ONU no ano 1972 co obxectivo de concienciar á sociedade da necesidade de coidar a nosa casa común, o planeta terra. A literatura, neste senso, pode ser unha ferramenta máis que axeitada para achegar valores de […]
Recta final para presentar orixinais ao Premio Repsol de Narrativa Breve

Como todos os anos convócase o premio de Narrativa Breve Repsol que promoven a Fundación Repsol e a SXPL coa colaboración da Editorial Galaxia. O orixinal que resulte gañador será publicado pola nosa editora. O prazo de presentación das novelas diante da Fundación Repsol estará aberto ata o vindeiro 19 de xullo. Os textos deberán […]
Presentado o segundo volume da antoloxía en galego e inglés da literatura galega

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Editorial Galaxia e Edicións Xerais de Galicia presentaron onte o segundo volume da antoloxía bilingüe galego-inglés da literatura galega. Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1981-2011 é o título desta obra que inclúe sesenta textos de sesenta escritores galegos contemporáneos. É tamén a […]