Presentouse en Santiago 'A cociña dos Cunqueiro'

Categoría: Nova

O pasado venres, os amigos do Restaurante Acio de Santiago, sito na rúa Galeras, acolléronos para a presentación, diante dos medios de comunicación e algúns amigos e amigas que quixeron compartir o evento con nós, o libro 'A cociña dos Cunqueiro', de Elvira González-Seco Seoane. No acto participaron, entre outros, Miguel Vila Pernas, responsable da edición, o fillo da autora, César Cunqueiro, o cociñeiro do Restaurante Acio, Iago Castrillón e a fotógrafa Soledad Felloza.
Durante o acto os asistentes puideron degustar tres dos pratos do receitario do libro, preparados polos cociñeiros do Acio, así como un cóctel de champán.
Un xeito ben saboroso de presentarmos un libro!
No noso blogue deixamos unha completa galería de fotos da xornada.

Compartir na redes sociais: