Presentouse 'As lambetadas de LARPEIROS'

Onte foi unha xornada moi dóce na Casa do Libro de Vigo pois presentamos 'As lambetadas de LARPEIROS', o libro máis dóce do popular programa da Televisión de Galicia e da autoría de Merchi Rodal. No acto estiveron presentes, ademais da autora, o cociñeiro Benigno Campos, o director do programa, Xosé Cermeño, e o director […]
Escoita de balde un tema de 'Rosalía Pequeniña'

Dende a ligazón á dereita destas páxinas podes descargar o tema, presente no novo libro-disco de Uxía, 'Rosalía pequeniña', o tema 'A grasia non era moita', que pecha o traballo e no que a cantautora Sés e a propia Uxía, achegan a Rosalía a nós, a ritmo de blues. Harmónicas que falan, guitarras que bambolean […]
Presentación do segundo tomo da 'Antoloxía da literatura galega' de Jonathan Dunne

Este xoves presentarase, en rolda de prensa diante dos medios de comunicación, o segundo tomo da 'Antoloxía da literatura galega' de Jonathan Dunne. A presentación será no salón de actos e contará coas seguintes intervencións: – Secretario xeral de Cultural, Anxo M. Lorenzo Suárez – Director xeral da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes – Director […]
Presentación de 'As lambetadas de Larpeiros' de Merchi Rodal en Vigo

O mércores 29 de maio, ás 20 horas, na Casa do Libro de Vigo, presentaremos o libro de Merchi Rodal, 'As lambetadas de Larpeiros'. No acto participarán, canda a autora, o cociñeiro Benigno Campos, o director do programa 'Larpeiros' da TVG, Xosé Cermeño e o director xeral de Galaxia, Victor F. Freixanes. Estamos diante do […]
Editorial Galaxia publica 'A cociña dos Cunqueiro'

Estes días chega ás librerías un novo título dentro da nosa colección de Cociña, desta volta, convertido nunha selección de receitas dos dez cadernos que Elvira González-Seco legou ao seu fillo, o tamén escritor César Cunqueiro que, ademais, fai o limiar da obra que preparou o experto en cociña Miguel Vila Pernas. O volume ofrécenos […]
Galaxia na Feira do Libro de Pontevedra

Este venres día 24 de maio e dentro das actividades da Feira do Libro de Pontevedra, presentaremos dous libros que están a dar moito que falar, e para ben, dende o instante mesmo da súa presentación. Así, ás 19.00 h. presentación o libro 'As lambetadas dos Larpeiros', publicado pola Editorial Galaxia, coa participación de Merche […]
María Fumaça, finalista dos Premios da Música Independente

Este martes tivo lugar no Café Berlín de Madrid unha rolda de prensa para desvelar os finalistas da 5ª edición dos Premios da Música Independente. Na categoría de Mellor Álbum en Lingua Galega, resultou finalisa o traballo María Fumaça editado por Galaxia o ano pasado e comandado por Uxía, quen estes días presenta o libro-CD […]
Galaxia e a SXPL achegaranlles aos nenos e nenas o espectáculo 'Rosalía Pequeniña'

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, Valentín García, presentou onte 'Rosalía pequeniña', acompañado por Xulio Amigo, director comercial da editorial Galaxia, e mais por Uxía, compositora e intérprete das cancións que compoñen o espectáculo. Valentín García expresou a súa satisfacción polo feito de que a Rede de Dinamización Lingüística […]