Día Internacional da Tradución

Hoxe luns celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Tradución, unha xornada na que os tradutores e tradutoras do noso país queren reivindicar a visibilidade para a súa profesión, esencial á hora de dotar de calidade un sistema literario. No caso de Galicia, a tradución, en especial de fóra cara dentro, ten desenvolvido […]

Trasalba, terra litraria

Un ano máis dende a Fundación Otero Pedrayo prepárase o roteiro literario 'Trasalba, terra literaria', comandado pola profesora e especialista na obra de don Ramón, Patricia Arias Chachero. Esta viaxe a través da obra de Otero Pedrayo está pensada para o vindeiro 5 de outubro, saíndo ás 11 da mañá da porta da Casa Museo […]

Editorial Galaxia e FOL Música no LIBER 2013

Editorial Galaxia, en colaboración con Fol Música, selo galego da produtora Boa Música, unha das empresas líderes de distribución das producións musicais, presenta nesta próxima edición do Liber (Madrid, 2013) "Sueños del Gatipedro", unha liña de produción e distribución cara ao mercado exterior pensada principalmente para os públicos máis novos (rapaces e rapazas, nenos e […]

Dous libros de Galaxia, finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento 2013

O pasado venres dábanse a coñecer os libros finalistas nas distintas categorías do Premio Frei Martín Sarmiento que cada ano recoñece os mellores libros publicados segundo o xuízo dos escolares. O premio é de gran prestixio e moi cobizado polos autores e autoras ao ser o alumnado galego quen escolle aos gañadores. Desta volta, dous […]

Unha reflexión arredor dos lumes forestais

No número 198 da revista GRIAL, a máis recente das saídas do prelo da nosa editorial, o doutor enxeñeiro de montes e profesor titular na Escola Politécnica Superior de Lugo, da Universidade de Santiago, e membro do Consello Científico do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), Miguel Morey, publica un profundo e clarificador […]

'Vento ferido', de novo nas librerías

A pesar de que foi no xa afastado 1967 cando 'Vento Ferido' viu a luz, a fidelidade das novas xeracións de lectores e lectoras, que non dubidan á hora de achegarse a este libro de Carlos Casares, fai que teñamos que tirar do prelo unha nova edición. Das moitas que xa habitan nos fogares de […]

Nova edicion dos Encontros de Verines

Un ano máis celebraranse os Encuentros en Verines, unha tradicional cita literaria que desde o ano 1985 reúne na Casona de Verines, en Pendueles (Asturias) a destacados creadores das distintas literaturas e linguas do Estado español. Os Encuentros están organizados polo Ministerio de Cultura e contan coa colaboración do Instituto Etxepare, o Institut Ramón Llull, […]

Berta Dávila, premio de Narrativa Breve Repsol

Onte coñeceuse a identidade da gañadora desta nova edición do premio de Narrativa Breve Repsol, na súa sétima edición e que conta co patrocinio da Fundación Repsol e a Xunta de Galicia e que publicará a nosa editorial. Berta Dávila, a xove poeta e narradora, resultou merecente do premio coa obra 'O derradeiro libro de […]