Ángeles Abelleira Bardanca

Atendendo á miña faceta profesional, pídenme que reseñe algunha obra infantil de Carlos Casares. É cousa doada, podería falar dalgunhas obras que escribiu dirixidas a nenos e nenas. Nunha lectura actual, diría que en todas elas hai unha visión respectuosa e integradora da diferenza, do que non é igual ca todo o demais; algo que […]
Luisa Martínez Lorenzo

Eu non tiña moi claro que me gustase a ciencia ficción. Lera algo no instituto pero confeso que era un xénero que tiña algo esquecido. Collín a novela de Eduardo Santiago con ganas por varias razóns, entre elas, a miña implicación na organización do concurso de relatos de inspiración científica INSPIRACIENCIA. Eu que leo antes […]
Xesús Constela

Carta aberta a Antón Riveiro Coello Poio, 24 de xaneiro de 2012 Meu benquerido Antón: Agora que rematei a túa novela Laura no deserto, a miña primeira lectura deste ano que comeza, quixera agradecerche os bos momentos que me fixeches vivir con ela, o cal dalgún xeito equivale a dicir que quero darche as grazas […]
Chus Nogueira
Sempre é para min unha boa nova saber da publicación dun libro de relatos, e a miúdo tento, alí onde me poidan ler ou escoitar, afastar algunhas das sospeitas que tantas veces asombran estes volumes: a de seren unha compilación de "retallos" escritos aquí e acolá, a de seren "ensaios de narrativas maiores" e, en […]
Xa na nosa canle de youtube 'Tem pouca diferença'

Dende hoxe, está xa dispoñible na nosa canle de youtube, á que podes acceder dende a ligazón á dereita destas liñas, do tema 'Tem pouca diferença', interpretado por Tatán Cunha e pertencente ao libro-disco-DVD 'María Fumaça'. Nunha houbo profesor máis divertido nun colexio!!!
Entrega do Premio Fernández-Latorre á Editorial Galaxia

Mañá xoves, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, recollerá, en nome de toda a familia que conformamos a editorial, o Premio Fernández Latorre que concede La Voz de Galicia. O galardón foille outorgado á nosa editora no pasado mes de xullo. O xurado destacou o seu 'compromiso inquebrantable coa cultura galega' como un dos […]
A Fundación Penzol recibiu a Medalla de Ouro de Galicia

nte no edificio CINC da Cidade da Cultura tivo lugar a entrega á Fundación Penzol da Medalla de Ouro de Galicia, que coincide coa celebración do seu 50 aniversario. Entrega que o 25 de xullo tivo que ser adiada por mor do tráxico accidente ferroviario acontecido a véspera no lugar de Angrois. Abriu o acto […]
Elena Poniatowska, Premio Cervantes 2013

Hoxe martes coñecimos a boa nova de que a escritora mexicana Elena Poniatowska, de quen Galaxia publicou en 2009 a súa obra 'A filla do filósofo', fora recoñecida co prestixioso Premio Cervantes, un recoñecemento que concede cada ano o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e que está dotado con 125.000 euros. O ministro de […]