´De Voces Ceibes a Milladoiro': o making off

Un dos éxitos da tempada está a ser o libro-disco de Antón Seoane, 'De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do Movimento Popular da Canción Galega, 1973-1978'. Na ligazón á dereita destas páxinas podes ver o 'making-off' da gravación dos temas que se inclúen no disco. O audiovisual contempla momentos da gravación do disco "De […]

Bo Nadal e Feliz 2014

Nos tempos difíciles é cando cómpre afrontar as grandes decisións. Rendemos homenaxe aos devanceiros de Nós. Unha das obras fundamentais da literatura galega chega agora ás vosas mans. Non perdades nunca a ilusión, que é a enerxía que nos empuxa. Fotografía: edición en galego do 'Ulises' de James Joyce, con tres dos seus tradutores: Eva […]

Mamá Cabra na Coruña

Na cidade herculina o ano comezará coa proposta musical máis esperada, a actuación de Mamá Cabra interpretando os temas pertencentes ao seu novo traballo, asinado con Susa Herrera, e que vimos de publicar en Galaxia, 'Cartas que veñen e van'. O concerto será no Forum Metropolitano e as entradas oscilan, para os dous pases das […]

'Rosalía pequeniña' en Vigo

O ano comezará con música en Vigo, coa actuación de Uxía co seu espectáculo 'Rosalía pequeniña', no Auditorio do Concello, en dous pases, ás 16.30 e ás 18.30, cun prezo moi económico de 6 euros para adultos e 4 para os pequenos da casa. 'Rosalía pequeniña' é un espectáculo musical, gravado por Uxía no libro-disco […]

'O señor das Dunas' en Ourense

Este domingo, o espectáculo de animación con area, 'O señor das dunas' producido pola Editorial Galaxia e Adarme Visual, chegará ao Auditorio de Ourense ás 12 horas. O prezo das entradas é a partir de tres euros e poden mercarse a través do servizo de servinova.com 'O señor das dunas' é un espectáculo sorprendente, no […]

Propostas de agasallos en galego

É un tópico insistir en que un dos xeitos de coidar da nosa lingua e cultura é procurando que todos os elementos da nosa vida estean transversalmente enchoupados pola lingua. Neste sentido, adoitamos defender que unha maneira de apostar por nós, como país e cultura é apoiando o consumo en galego. Así, foi moi grato […]

Concerto de Pablo Díaz no Audiotiro de Vigo

O cantante Pablo Díaz e a súa banda, estarán este xoves, no Auditorio do Concello de Vigo, ás 16.30 e ás 18.30 para interpretar coa súa banda os temas do seu novo libro-disco, publicado en Galaxia, TOC TOC, un feixe de cancións cheas de ledicia, ilusión, amizade e compañeirismo, onde non teñen cabida os malos […]